mércores, 23 de decembro de 2020

COUSIÑAS DE NADAL (PARTE 2)

 Canto traballou a nosa rapazada! A través do contexto lingüístico e nas diferentes titorias, elaboránronse dende cartas ao Apalpador  e ao seu "amiguete" Papá Noel, ata postais para enviar -en secreto- aos  compañeir@s de aula realizadas manual e/ou dixitalmente. Os peques de infantil fixeron unha en equipo superartísticas para toda a familia.

Pero ademáis, nas aulas estivemos a preparar unha actuación para agasallar á todos cun festival de nadal moi "especial", sen dúbida somos uns superartístas|| . E non esquecemos variedade de  manualidades , contos e a "I Mostra de contos e cantos de Nadal" onde algunhas familias nos puideron agasallar cunha actuación en familia. Motísimas grazas polo esforzo e interés!! O vindeiro curso máis😀

POSTAIS INFANTIL



POSTAIS PRIMARIA












CARTAS AO APALPADOR /PAXES REAIS  E PAPÁ NOEL






OUTRAS ACTIVIDADES








"TOCA O PANDEIRO MANUEL", familia de Sabas! Grazas!!

"PANXOLIÑA DE CADRÓN" , familia de Sara e Roi. Moitas grazas!!

DE NOVO GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA VOSA IMPLICACIÓN, SEGUIREMOS  COMPARTINDO MÁIS "CONTOS E CANTOS"

TERCEIRA PARTE DE "COUSIÑAS DE NADAL" XA NO FORNO
SEGUIREMOS EN CONTACTO!!











xoves, 17 de decembro de 2020

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

 Ola rapazada!

Xa está a vosa disposición as recomendacións lectoras para este Nadal. Todas son moi moi recomendables, así que non o dubidedes! Hai para tódalas idades e un apartado especial para toda a familia con  persoas con  moita "arte" da nosa contorna cercana como Miriam Ferradáns, Luis Davila e Marc Taeger.





sábado, 12 de decembro de 2020

NADAL NO GAIÁS

 Atéigase a Cidade da Cultura de luz, cor e moita cancións. Velaí as actividades programadas para este Nadal para tódolos públicos e que tamén poderemos visualizar e disfrutar en streaming. Este ano se incormora a interactividade grazas a artista Marta Verde.


Programación de Nadal no Gaiás nesta ligazón bit.ly/NadalnoGaiás2020

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS (PARTE II)

    Extraordinario e fantástico resumo do proxecto realizado no mes de novembro no noso cole. Vemos que a ciencia fala en tódolos idiomas, e qué fermoso escoitar a estes intrépidos e pequenos investigadores na nosa lingua galega.  Todo o alumnado participou nunha chea de experimentos a cada cual máis interesante e didáctico tanto nas aulas, coma na biblioteca e incluso  no exterior.

Maiores e pequenos desfrutaron moitísimo e así se trasmite nesta montaxe feita con moita ARTE. 

Grazas profe!!

Grazas a todos e todas pola implicación!

LECTURAS RECOMENDADAS



 Olaa!

Hoxe repartimos as guías de lectura en galego elaborada pola  Cordinadora  de Equipos de Dinamización lingüística do Morrazo. Lecturas para tódalas idades moi recomendadas para agasaiar nestas vacacións. Compartimos tamén o  cartel feito por ANUM ZAHRA.

Unha elección fantástica!!  Moitas grazas!!






martes, 8 de decembro de 2020

CO NADAL ÁS VOLTAS


 

Co Nadal ás voltas!! Ahí estamos estes días preparando actividades para sumerxirnos neste tempo de ledicia, doces,  panxoliñas e a visita do Apalpador, carboeiro que baixaba das montañas para apalpar as barriguiñas os nenos e nenas e deixarlle xoguetes de madeira. Representa o amor e respeto á natureza.









Convidamos a disfrutar deste espectáculo musico-teatral e visitará diferentes lugares de Galiza "Os apalpadoriños" con dirixido por Nelson Quinteiro.


GRAZAS  POR COMPARTIR ESTES AGASALLOS DE NADAL!!
Recursos atopados na rede:
   Sitio web do Apalpador
  Conto " O Apalpador" de Xoán G.
  Conto "Antón e o Apalpador"
  Conto con pictogramas
  LIM "A noite do Apalpador"

  LIM "O Apalpador no Barbanza"
  LIM do CEIP Outeiro das Penas
  Unidade didáctica con fichas para colorear, monicreques
  Kamishibai sobre a lenda do Apalpador do Ceip Nosa Sra. de Xuvencos.
Tamén en video na seguinte dirección:
http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=1P0JI5zIgz4

sábado, 5 de decembro de 2020

1º MOSTRA "CANTOS E CONTOS DE NADAL"

 Ola rapazada!

"COLLEDE O VOSO INSTRUMENTO E FACÉDEO SOAR POR RIBA DO VENTO".Achéganse unhas festas rebuldeiras cheas de tradición oral, gastronómica e moi familiar. Este ano estamos nunha situación excepcional, pero queremos celebrar dalgunha maneira estas datas entrañables   e desde este  equipo de dinamización vos convidamos a cantar e contar  en familia panxoliñas/poemas/historias dunha maneira orixinal e divertida ou como vos pida o corpiño. A grabación se mandaría a cada titor/a por correo electrónico para  compartir na aula última semana antes das vacacións.

Disfrutade e compartide con nós 

anaquiños cantareiros de Nadal!




xoves, 3 de decembro de 2020

XORNAL O PAPAGAIO

 


Olaaaaaaaaaaaaaa

Este ano seguimos contando con esta fantástica publicación, feita en galego e para nenos e nenas de moi diferentes idades. Nela seguimos atopando artigos de todo tipo (artes, ciencias, literatura...) sempre contados de maneira moi creativa e orixinal que nos atrapan dende a primeira folla. Cada vez que pasedes pola biblio, botádelle un ollo, pero de un en un e despois de desinfectar as mans.
Seguro que pasaredes un rato moi agradable e productivo!!!
Graciñas a tódolos autores e autoras e ilustradores e ilustradoras  que utilizan o seus superpoderes artísticos e  fan posible esta publicación tan atraínte... Un gustazo!!




xoves, 26 de novembro de 2020

CULTURGAL 2020

 Este finde de semana celébrase en Pontevedra a FEIRA DA CULTURA DE DAS ARTES DE GALICIA . Este ano dunha maneira excepcional pero non deixando de mostrar  a actividade cultural (cine, teatro, música, literatura...) máis remarcable este ano e o vindeiro. Non faltarán presentacións de libros, filmes, traballos musicais, concertos, artesanía ... Non deixedes de dar unha  volta  por este evento ben de maneira presencial (reservando entradas) ben a través de youtube e da web cultur.gal




http://www.culturgal.com