luns, 24 de maio de 2021

MAIO, MES DAS LETRAS GALEGAS (FINALiZANDO)

 

E imos rematando este mes de maio onde con agarimo celebramos o días letras galegas e un feixe de actividades dinamizadoras o redor desta conmemoración. Non deixedes de ver as nosas anteriores entradas.

Desta vez mostramos o traballo que  nenos e nenas de 1º e 2º de primaria fixeron dentro do contexto lingüístico e que nos deixou a todos encantados. Nestes días os nenos e nenas de 6º de infantil tamén nos mostran unha feiticeira montaxe coa aplicación chatterpix. El@s mesm@s fixeron todo o proceso, unindo voz e imaxe admáis de escoller efectos animados.

 Se Xela puidera velo estaría fascinada con tantas agarimosas mostras de admiración ante a súa obra e a súa persoa!!

Bo disfrute e grazas pola vosa "galegopasión"!


Incansables e supertraballadores, @s artístas dos primeiros cursos de primaria, seguiron traballando con galegopasión e fixeron uns lapbooks fascinantes con verbas e símbolos da nosa terra!! Ademais de gravar en Radio Faladoiro unha pequena parte da obra de Xela Diarío a Darío.

NORABOA POLO TRABALLO!!






xoves, 20 de maio de 2021

PREMIOS A.C. COSTUMES DE CELA

 ONTE RECIBIMOS A VISITA DA A.C. COSTUMES DE CELA QUE ESTE ANO ORGANIZARON  CONCURSO DE NARRACIÓN E ILUSTRACIÓN SOBRE OS NOSOS SOÑOS E FANTASÍAS  BASEADO EN XELA ARIAS. OS GAÑADORES DE PRIMARIA RECIBIRON O SEU AGASALLO NO LOCAL SOCIAL DO MAR EN BUEU E OS MÁIS PEQUENOS DO COLE CONTARON COA PRESENZA DE EVA QUE REPRESENTANDO Á ASOCIACIÓN ENTREGOULLES UN AGASALLO CHULÍSIMO E CREATIVO ADEMÁIS DUN DIPLOMA POR PARTICIPAR.

MOI BO TRABALLO RAPACES!!!!!!!

E PARABENS Á ASOCIACIÓN POLA ORGANIZACIÓN!

!






sábado, 15 de maio de 2021

MAIO, MES DAS LETRAS GALEGAS "DE ROMARÍA"

 "Chegou o día chegou a romaría". Con moita inquedanza polas condicións do tempo, ata o último momento estabamos na dúbida da celebración, máis a chuva deunos unha tregua e con moita ledicia e sobre todo ganas, puidemos celebrar a nosa "II ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS"

Unha xornada espectacular chea de sorrisos, xogos populares, unha boa camiñada desde o cole e co acompañamento da policía local, música ambiental, visita ao centro de interpretación sobre o litoral da nosa contorna, música en directo coa A.C. Retrouso e unha fermosa lembranza de este día en homenaxe a Xela Arias, quen sempre tiña con ela un lápiz e un caderno .

E non podemos esquecer a 1 Mostra de arte na area!!

Mestres, Concello, familia todos implicados para que este día fora diferente ademáis de ser moi esperado por todos, sobre todo con esta situación atípica que estamos a vivir. Seguíronse as medidas pertinentes de distancia e uso da mascarilla segundo protocolo Covid.

Grazas a todos e todas por vibrar cos cativos e facer  este día  inesquecible!






























martes, 11 de maio de 2021

MAIO, MES DAS LETRAS GALEGAS (PARTE 4º) "ROMARÍA"

 E XA ESTÁ AQUI.!

Com moita ilusión andamos a argallar a celebración da II Romaría das letras galegas do noso cole. Este ano debido á situación actual seguiremos protocolo Covid. 

Proximamente máis. Non deixedes de seguirnos durante estes días...

 

luns, 10 de maio de 2021

MAIO, MES DAS LETRAS GALEGAS (3ª PARTE) "XELA NA RADIO"

 Dentro do contexto lingüístico os nenos e nenas de 4º de primaria, estiveron investigando sobre a vida e obra de Xela Arias: escritora, traductora, poeta, ilustradora, loitadora, nai... 

Deixaron unha fantástica reportaxe de investigación na nosa Radio Faladoiro. Estamos seguros de que vos vai encantar. Non deixedes de escoitala!!!

BO TRABALLO!!


MAIO, MES DAS LETRAS GALEGAS (PARTE 2) "XELA ARIAS TRADUTORA"

 E continuando con este mes de conmemoración, os nenos e nenas do cole, tamén queren ser TRADUCTORES, igual que Xela! Así pois, deixamos aquí unha pequena mostra do que fixeron nenos e nenas de 1º e 2º de primaria no contexto lingüístico,   a imaxinazón do alumnado de 5º traducindo expresións galegas ao inglés  e imaxinando unha Gioconda á galega, e a creatividade da aula de 5º de infantil, creando o seu propio libro en galego e castelán.

MOI BO TRABALLO!!!




Traducción sobre un conto escollido na obra de Rodari "Cuentos al teléfono". Nenos e nenas de 1º e 2º primaria.


Os maiores do cole non deixan de sorprendernos!!





UN TRABALLO SUPERARTÍSTICOCREATIVO!!!!
MOITAS GRAZAS!



MAIO, MES DAS LETRAS GALEGAS (PARTE 1) "MOSTRA E CONCURSO"

     Co motivo da celebración do Día das letras galegas, temos preparadas un feixe de actividades moi especiais.

    Apenas hai unha semana participamos no concurso proposto pola A.C. Costumes de Cela en colaboración con este equipo de dinamización. Foi un concurso de narración e ilustración , seguindo a Xela Arias , quen continuamente levaba un caderno e làpiz para non esquecer os seus soños e as súas fantasías. Ao mesmo tempo, no cole estamos a facer unha mostra de estas narrativas e ilustracións feitas polos cativos con moito esforzo e concentración. Velaquí   unha pequena mostra destes fantásticos traballos, onde a creatividade e fantasía dos noso alumnado non deixa de alumear. E ademáis xa temos os gañadores!!! 

* No grupo de 6 a 8 anos resultaron gañadores   Nico e  Anxo!

* No grupo de 8 a 10 Roi e Aitor!

* No grupo de 10 a 12 Valeria e Samuel!

NORABOA AOS GAÑADORES E A TODOS E TODAS  OS QUE PARTICIPÁSTEDES POÑENDO O MELLOR DE VOS!! LEMBRADE QUE O VINDEIRO SÁBADO 15 DE MAIO ÁS 12:30 NO ADRO DA IGREXA DE CELA, FARASE ENTREGA DOS PREMIOS.

 MOITAS GRAZAS!













PROXIMAMENTE SUBIREMOS AS FANTASÍAS E SOÑOS EXPOSTAS NA  1º MOSTRA NARRATIVA E DE  ILUSTRACIÓN DA ENTRADA DO COLE!! AQUÍ VAN AS FANTASÍAS E SOÑOS DE INFANTIL!

FANTÁSTICAS, MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR!!