Un blog ideado para mostrar agarimo e perpetuidade á nosa lingua, e a todas as linguas que nos rodean convivindo día a día con nós, e que supoñen unha inmensa riqueza cultural.
Chegamos ao remate das nosas investigacións sobre o patrimonio inmaterial de Cela e a contorna: lendas, refráns, ditos, cancións de berce foron algúns dos exemplos recollidos.
Trasladamos unha parte das nosas pesquisas ao alumnado de infantil, a continuación ao primeiro ciclo e finalmente aos compañeiros de terceiro, quinto e sexto.
Salientamos que unha parte da exposición foi o resultado do traballo colaborativo con sexto pola relación entre alumnos titores- titorizados: nós contamos as lendas relacionadas con monumentos, ou algúns ditos e refráns relacionados co viño e eles explicaban os datos históricos ou no caso da vendima os datos da elaboración do viño.
Presentando o proxecto Patrimonio inmaterial ao alumnado de infantil