luns, 26 de novembro de 2018

DÍA DOS BOSQUES AUTÓCTONOS

Continuando co noso proxecto de centro, lemos no cole o libro " O Carballo con botas" de Anxo Moure, e como non podía ser de outra forma, aproveitando esta lectura e a efeméride, pedímoslle ás familias do cole botas para sementar castañas e landras. A resposta foi moi boa e a idea tivo gran acollida e como non, moita expectación...
Agora falta  esperar a que nazan as sementes :-)  

                              

AS ÁRBORES DA NOSA ESCOLA

Como xa anunciamos días atrás, despois da lectura "A Árbore da escola" de Sandoval, puxémonos mans a obra para facer un mural das árbores que nos gustaría ter preto de nós. Moitos nenos e nenas estiman necesarios castaños, carballos, figueiras....e sobre todo poder xogar con eles,  e incluso construír cabanas! Velaí vai unha mostra das obras artísticas deste fantástico alumnado:
   
   

A HORTA DE SIMÓN

Os nenos e nenas de infantil, 1º e 2º de primaria, disfrutaron do conto " A Horta de Simón" incluído na maleta viaxeira. Este é outro dos contos relacionados co proxecto do centro "O despertar das sementes".
                                                        Xa estamos a argallar a nosa horta do cole!!

domingo, 18 de novembro de 2018

EXPERIMENTOS NA BIBLIOTECA

Novembro é o mes da Ciencia en Galego e este ano quixemos realizar pequenos experimentos na Biblioteca nos recreos . Están relacionados co noso  proxecto "O despertar das sementes".

Os primeiros foron realizados co limón como protagonista. Este foron os primeiros que  fixemos:

-Flotación do limón,  e...
  comprobamos que só flotan con pel!!

- O poder da pel de limón, e...
  comprobamos que despois de sacarlle líquido à pel e recollela nun bastoncillo e  debido ao aceite inflamable que contén,  cando se achega   a un globo...BOOMMMM!! porque ademáis é un hidrocarburo apolar igual ca goma do globo.

- Un volcán dentro do limón, e...

  
comprobamos que despois de misturar zume de limón, lavalouzas, e bicarbonato, fórmase  dióxido de carbono e produce a explosión de burbullas!

E o último que realizamos foi:
- Cómo inflar un globo sen soprar?...

    comprobamos que baleiran vinagre nunha botella e bicarbonato nun globo, cando colocamos este globo na boca da botella e se misturan estes elementos, fórmase dióxido de carbono e fai que se encha de aire.


EXCURSIÓN Á CORUÑA COS MAIORES DO COLE!

O pasado mércores 14 de novembro , os nenos e nenas de terceiro foron de excursión á Coruña cos maiores de cuarto, quinto, e sexto de primaria. Foi un día realmente apaixonante!

 Coñeceron o  Aquarium Finisterrae e visitaron as salas do Nautilus e Maremagnum.

  
 Tamén visitaron o museo MUNCYT de ciencia e tecnoloxía,  onde entre outros, fixeron un obradoiro de renovación do solo para concienciarnos da importancia que teñen os incendios incontrolados e como de deteriorado deixan a nosa terra galega!


   

e ademáis visitaron  a sala do avión Lope de Vega onde se transportou o famoso cadro "Guernica" de Picasso e tamén unha  sala con robots parlantes que lles fixeron pasar un rato moi simpático!

   


xoves, 15 de novembro de 2018

XORNADA DO MERCADO ECOLÓXICO E ARTESANAL

Este mércores pasado, tivemos unha xornada de xogos que se van realizar este fin de semana en Bueu co gallo do mercado ecolóxico. Nenos e nenas pasaron un rato lúdico-didáctico fantástico quedando con ganas de máis!!

    

XA TEMOS XORNAL PARA NÓS!

      Desde hai uns días contamos na biblioteca cun xornal fantástico para a xente miúda : PAPAGAIO. Aquí encontraremos divertidas e interesantes seccións de arte, ecoloxía, ciencia, historia, banda deseñada, música, literatura e outras... Só temos que achegarnos e botarlle un ollo!!