mércores, 10 de febreiro de 2021

ENTROIDO , IMAXES E CANCIÓN (PARTE I)

 Xa estamos na metade da nosa semana entroideira, nen@s e maiores levan participando estes días nesta festa chea de cor e ritmo. Aínda que a situación de este ano é moi atípica, no noso cole tentamos levar un sorriso ben grande pola mañán e un espíritu ledo para seguir aprendendo. Non hai mellor que cousa que un sorriso para manter a motivación e a curiosidade.

Así desta maneira, imos darlle unha volta a estes tres días de consignas, que iremos actualizando segundo nos vaian chegando fotos, e subimos a canción "Super-arte" da gran comparsa do Ceipp A Torre, que cantaremos todos xuntos o venres coas medidas pertinentes. 

A DISFRUTAR!!!

LUNS: PERRUCA E GAFAS CON ARTE, PARA PODER RETRATARTE



.

MARTES: NA LINGUA DA NOSA ROSALÍA, 
ANDARÁS DE VASCALLEIRO TODO O DÍA




MÉRCORES:  NA METADE DA SEMANA, VÉN COMO CHE DEA A GANA







XOVES:  A MULLER NA CIENCIA CON ADMIRACIÓN, PARA CONMEMORAR ESTE DÍA CON EMOCIÓN





























domingo, 7 de febreiro de 2021

E... PARA O MARTES DE ENTROIDO

 NA LINGUA DA NOSA ROSALÍA...

GRAZAS A SEÑORA MARÍA E A TODAS AS FAMILIAS QUE SEGUEN RECORDANDO AQUELES TEMPOS, E COS SEUS RECORDOS NON DEIXAN MORRER COSTUMES E TRADICIÓN!!



DÍA DOS MEDIOS EN GALEGO

" Para divulgar ben a ciencia hai que chegar á xente e que te sintan un máis ..."Así comenta o científico Angel Carracedo catedrático da universidade de santiago e director da Fundación Pública de Medicina Xenómica neste artigo  para o día dos medios en galego, 7 de febreiro.


https://www.gciencia.com/tribuna/o-dia-dos-medios-en-galego-para-eles-por-angel-carracedo/ 

MASSOMAKION

Deixamos esta proposta do Museo Massó para xogar na casa. Catro figuras de tangram baseadas nos deseños de latas de conservas. 



sábado, 6 de febreiro de 2021

VEN A ENTROID-ARTE CON NÓS

Comeza a conta atrás para  unha semana entroideira chea de cores, teas, música, imaxinación e moita arte!!

Torriño ademáis de propoñer consignas para toda a semana, tamén se disfraza para disfrutar con toda a comunidade educativa destos días, este ano máis especiais e esperados ca nunca. Ledicia e sorrisos!!

.







martes, 2 de febreiro de 2021

O ENTROIDO XA ESTÁ AQUI!!

 VEN A ENTROIDARTE CON NÓS! 

    A vindeira semana comezamos unha semana entroideira chea de música, cor, movemento, loucura ... Torriño nos propón unhas consignas variadas e creativas para darlle un ritmo diferente cada día, seguro que non hai dous disfraces iguais. O máis importante... o voso sorriso!

E NON DEIXEDES DE MIRAR ESTA ESCOLMA DE ARTES PARA INSPIRAR O VENRES ENTROIDEIRO!!



PRETENDEMOS CONTINUAR INVESTIGANDO SOBRE O ENTROIDO MÁIS ALÁ DO TRAXE E OS DIFERENTES LUGARES DE GALIZA E SOBRE TODO NA NOSA CONTORNA MÁIS PRÓXIMA: BUEU, HÍO, MEIRA, COBRES, MARÍN,,,

ASÍ COMO O ANO PASADO NOS VISITARON MADAMAS E GALANS DE COBRES, ESTE ANO ESTAMOS EN CONTACTO COA ASOCIACIÓN CULTURAL DE MEIRA. INVESTIGAREMOS SOBRE O SEU TRAXE , DANZA, E TRADICIÓNS.






E ALGO MÁIS....

É tempo de entroido! from Xerais on Vimeo.

O ENTROIDO NA PINTURA GALEGA, referencias tomadas da enciclopedia Artistas.Pintores. de Nova Galicia edicións

"Entroido”, 1985, Xosé Luís de Dios; “O Entroido II”, 1997 y “O Entroido IV”, 1993, Xaime Quesada; “Entroido”, 1999, Rafael Úbeda Piñeiro; “Os peliqueiros”, 1994, Virxilio; “Antroido”, 1965 y “Antroido”, 1965, López Garabal; “Entroido”, 1992, “Entroido do Milladoiro” y “Os xenerais do Marco”, 1998, Sucasas; “Choqueiro con pandeireta”, 1999, “Avoa e neta disfrazadas”, 1999, “Antroido I”, 1999, “Entriodo II”, 1999,”Choqueiros”, 1978, Virxilio; “Entroido”, 1960 y “Entroido”, 1974, Laxeiro; “Máscaras”, Juan Luís; “Orixe-entroido”, 1984 y “Dobre rostro”, 1983, Antón Patiño; “Entroido”, 1990, López Guntín; “Máscaras”, 1972, Segura Torrella.



POESÍA DE ANA Mª FERNÁNDEZ: O entroido


 
 
 ACTIVIDADES LIM SOBRE  O ENTROIDO TRADICIONAL GALEGO: para alumnado de Primaria, elaborado por Julia González G. do Ceip Mestres Goldar de Vigo.

2 DE FEBREIRO DÍA DA CANDELORIA

POLA CANDELORIA CASAN OS PAXARIÑOS E A GALIÑOLA...

POLA CANDELORIA NINGUNHA AVE VOA SOA

FELIZ DÍA DA CANDELORIA!!!!

Seica estamos no renacer da natureza ante a proximidade da primavera.  Comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian a súa chegada. É a festa da luz e o día do amor nos antigos costumes galegos.