domingo, 26 de novembro de 2017

25 N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.


Ao longo destes días realizamos diversas actividades para conmemorar o 25 de Novembro día internacional contra a violencia de xénero. Mirade que bo traballo fixeron os nosos alumnos. 

CONMEMORACIÓN NO CONCELLO

O día 24 de novembro celebrouse no centro social de Bueu o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Este ano o noso cole foi o encargado do manifesto que realizaron os alumnos de 5º de primaria. 
O acto comezou coa presentación por parte da concelleira de igualdade, Ana Isabel Otero. A continuación  o alumnado de 3º a 6º de primaria cantaron unha canción contra a violencia de xénero destacando a importancia de non aguantar e ocultar esas situacións que tristemente todavía perviven na nosa sociedade. Esta canción estivo acompañada por frautas e por un video feito por todos o alumnado do centro.









 Despois deste emotivo momento, o alumnado de 5º de primaria leron o manifesto elaborado por eles no que refrexionaron sobre a violencia contra as mulleres na actualidade e pediron a tódolos sectores da sociedade que actúen contra a violencia de xénero. 






A directora do CIM fixo entrega de premios do XV Certame do concurso de carteis contra a violencia de xénero que organizou o noso concello. Este ano a gañadora do Certame na categoría de primaria foi a nosa alumna Xiana Dios. Noraboa!!




Para rematar o alcalde Bueu, Félix Juncal dixo unhas palabras como peche do acto. 

Que gran traballo rapaces!!! 


APADRIÑAMENTO LECTOR

Os alumnos de 2º de primaria fixeron unha lectura do conto "O libro dos porcos" acompañada dunha representación por parte de tres dos seus compañeiros para os alumnos de 3 e 4 anos.








E os alumnos de 1º fixeron unha lectura deste mesmo conto para os alumnos de 5 anos.




Grazas ao seu traballo fixéronnos valorar máis a labor das mulleres nos fogares e a importancia de que todos/as debemos colaborar xuntos.


Ademais os alumnos de 5º de primaria leron e conversaron cos alumnos de 3º de primaria sobre libros relacionados coa temática suxeridos pola biblioteca.


Grazas por intercambiar os vosos pensamentos, sentimentos, reflexións, inquedanzas...xa que a violencia de xénero tamén afecta aos nenos/as dunha maneira ou de outra. E aínda que moitas veces permanece oculta, non por iso deixa de existir. 


 EXPOSICIÓN DE CONTOS.


Aquí podedes ver a exposición de libros en galego para traballar a non violencia de xénero en colaboración coa biblioteca.