Un blog ideado para mostrar agarimo e perpetuidade á nosa lingua, e a todas as linguas que nos rodean convivindo día a día con nós, e que supoñen unha inmensa riqueza cultural.
No patio lemos un manifesto e cantamos unha canción feita polo profe de música e alumnos/as maiores.
Fixemos un mural "Sementando...o respecto" e os/as de infantil tamén o fixeron individualmente na súa aula.
O venres 23 de Novembro, os alumn@s de 4º e 6º de Primaria acudiron ao Centro Social de Bueu ao acto polo 25 de Novembro. Os nen@s de 5º e 6º de Primaria participaron no concurso de carteis organizado polo CIM de Bueu, no que Xiana (alumna de 6º) gañou unha mención especial polo seu cartel.
O libro: "Nin un biquiño a forza" foi traballado en 5 anos, onde fixeron unha man cun "NON". Nas aulas de 1º e 2º de primaria fixeron un mural con fotos representando bicos. E os nen@s de 3º e 4º de Primaria fixeron unha redacción escrita coa ilustración do bico elixido.
Durante varias semanas tivemos no corredor da biblioteca unha exposición de libros adicados e que na súa maioría foron lidos e comentados na aula. E a non esquecer que "Non estás soa"
Xa estamos a argallar a nosa horta do cole!!
comprobamos que só flotan con pel!!
comprobamos que despois de sacarlle líquido à pel e recollela nun bastoncillo e debido ao aceite inflamable que contén, cando se achega a un globo...BOOMMMM!! porque ademáis é un hidrocarburo apolar igual ca goma do globo.
comprobamos que baleiran vinagre nunha botella e bicarbonato nun globo, cando colocamos este globo na boca da botella e se misturan estes elementos, fórmase dióxido de carbono e fai que se encha de aire.


