Amosando publicacións coa etiqueta nadal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta nadal. Amosar todas as publicacións

mércores, 23 de decembro de 2020

COUSIÑAS DE NADAL (PARTE 2)

 Canto traballou a nosa rapazada! A través do contexto lingüístico e nas diferentes titorias, elaboránronse dende cartas ao Apalpador  e ao seu "amiguete" Papá Noel, ata postais para enviar -en secreto- aos  compañeir@s de aula realizadas manual e/ou dixitalmente. Os peques de infantil fixeron unha en equipo superartísticas para toda a familia.

Pero ademáis, nas aulas estivemos a preparar unha actuación para agasallar á todos cun festival de nadal moi "especial", sen dúbida somos uns superartístas|| . E non esquecemos variedade de  manualidades , contos e a "I Mostra de contos e cantos de Nadal" onde algunhas familias nos puideron agasallar cunha actuación en familia. Motísimas grazas polo esforzo e interés!! O vindeiro curso máis😀

POSTAIS INFANTIL



POSTAIS PRIMARIA












CARTAS AO APALPADOR /PAXES REAIS  E PAPÁ NOEL






OUTRAS ACTIVIDADES








"TOCA O PANDEIRO MANUEL", familia de Sabas! Grazas!!

"PANXOLIÑA DE CADRÓN" , familia de Sara e Roi. Moitas grazas!!

DE NOVO GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA VOSA IMPLICACIÓN, SEGUIREMOS  COMPARTINDO MÁIS "CONTOS E CANTOS"

TERCEIRA PARTE DE "COUSIÑAS DE NADAL" XA NO FORNO
SEGUIREMOS EN CONTACTO!!











xoves, 17 de decembro de 2020

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

 Ola rapazada!

Xa está a vosa disposición as recomendacións lectoras para este Nadal. Todas son moi moi recomendables, así que non o dubidedes! Hai para tódalas idades e un apartado especial para toda a familia con  persoas con  moita "arte" da nosa contorna cercana como Miriam Ferradáns, Luis Davila e Marc Taeger.





sábado, 12 de decembro de 2020

NADAL NO GAIÁS

 Atéigase a Cidade da Cultura de luz, cor e moita cancións. Velaí as actividades programadas para este Nadal para tódolos públicos e que tamén poderemos visualizar e disfrutar en streaming. Este ano se incormora a interactividade grazas a artista Marta Verde.


Programación de Nadal no Gaiás nesta ligazón bit.ly/NadalnoGaiás2020

martes, 8 de decembro de 2020

CO NADAL ÁS VOLTAS


 

Co Nadal ás voltas!! Ahí estamos estes días preparando actividades para sumerxirnos neste tempo de ledicia, doces,  panxoliñas e a visita do Apalpador, carboeiro que baixaba das montañas para apalpar as barriguiñas os nenos e nenas e deixarlle xoguetes de madeira. Representa o amor e respeto á natureza.









Convidamos a disfrutar deste espectáculo musico-teatral e visitará diferentes lugares de Galiza "Os apalpadoriños" con dirixido por Nelson Quinteiro.


GRAZAS  POR COMPARTIR ESTES AGASALLOS DE NADAL!!
Recursos atopados na rede:
   Sitio web do Apalpador
  Conto " O Apalpador" de Xoán G.
  Conto "Antón e o Apalpador"
  Conto con pictogramas
  LIM "A noite do Apalpador"

  LIM "O Apalpador no Barbanza"
  LIM do CEIP Outeiro das Penas
  Unidade didáctica con fichas para colorear, monicreques
  Kamishibai sobre a lenda do Apalpador do Ceip Nosa Sra. de Xuvencos.
Tamén en video na seguinte dirección:
http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=1P0JI5zIgz4

sábado, 5 de decembro de 2020

1º MOSTRA "CANTOS E CONTOS DE NADAL"

 Ola rapazada!

"COLLEDE O VOSO INSTRUMENTO E FACÉDEO SOAR POR RIBA DO VENTO".Achéganse unhas festas rebuldeiras cheas de tradición oral, gastronómica e moi familiar. Este ano estamos nunha situación excepcional, pero queremos celebrar dalgunha maneira estas datas entrañables   e desde este  equipo de dinamización vos convidamos a cantar e contar  en familia panxoliñas/poemas/historias dunha maneira orixinal e divertida ou como vos pida o corpiño. A grabación se mandaría a cada titor/a por correo electrónico para  compartir na aula última semana antes das vacacións.

Disfrutade e compartide con nós 

anaquiños cantareiros de Nadal!




domingo, 12 de xaneiro de 2020

FESTIVAL DE NADAL

Gran dia cheo de fantásticas actuacións feito polo alumnado e os seus mestres. Dende raps con coreografía, panxoliñas tradicionais en diferentes linguas, bandas sonoras de películas de superheroes, ..Variedad e diversidade para todo o público .
Pero non só disfrutamos do festival, tamén nos visitaron paxes que recolleron as cartas dos pequenos e celebramos todos xuntos a festa fin de ano con campás, confetti e moita música!! E como non ,desexando unhas felices festas para todos e todas!!! Vémonos o ano que vén!

   

NADAL NOS CORREDORES

Dende o equipo de dinamización da lingua e tendo en conta que somos un cole plurilingüe,  preparamos diferentes actividades para dar a coñecer  un dos personaxes maís coñecidos do nadal galego, así como dúas exposicións en colaboración coas mestras especialistas de inglés e francés. Nunha destas exposicións diferente alumnado do cole, móstranos os seus propios superheroes e heroínas de nadal, e noutra creouse unha divertida páxina de xornal referida a esta época do ano.
E como non podía ser doutra forma, tamén quixemos dar a coñecer verbas con superpoderes "para sempre usar e nunca esquecer" , estas verbas están en diferentes linguas e , por suposto en pictogramas.Seguiremos complementando e formando pequenos grandes superheroes da vida!...