venres, 26 de abril de 2019

VISITA DE ANXO MOURE


Abril, mes dos libros. O despertar das sementes. Quen mellor que Anxo Moure Contos Solidarios para visitar o noso cole?
Coma sempre este Carballo con Botas sementa na cativada o amor e o respeto polas árbores e os bosques.
Lembrades as landras e as castañas que prantamos dentro dunha bota en novembro, con motivo do día das árbores autóctonas? Pois ahí están, dous carballos e dous castiñeiros que pronto levaremos á terra para que medren ben fortes.