Amosando publicacións coa etiqueta proxecto: I`ve got the power. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta proxecto: I`ve got the power. Amosar todas as publicacións

venres, 22 de xaneiro de 2021

DIA DA PAZ (PARTE II)

"ABRIMOS AS PORTAS POLA PAZ"

Xa falta menos e desde este equipo de dinamización,  propóñse unha sinxela actividade que pretende dar un pouco de ritmo e alegría a este día sinalado. Abramos fiestras e portas, cantemos e  bailemos a ritmo de rock pola paz e a liberdade. Usemos os nosos superpoderes para facernos notar! Ás 11 da mañán do día 29 escoitarásenos máis alá de Cela,   Bueu,  Ardán... Quen sabe igual ata en Ons!!




sábado, 31 de outubro de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

 



Por mor da pandemia, a celebración do día das letras galegas foi trasladada ao día de hoxe, 31 de outubro. Durante o confinamento do 3º trimestre, realizamos actividades relacionadas co homeaxeado deste ano:  Ricardo Carvalho Calero. Hoxe é un bo momento para recordar a alguen  cuios superheroes das letras foron Rosalía de Castro e Curros Enriquez e entre outras foi autor do libro Historia da Literatura Galega Contemporánea ....

Ademáis en Samaín aproveitamos para coñecer artistas galegos que nalgún momento ilustraron e/ou pintaron cadros coa temática da morte ou do medo. Por suposto a música non podía faltar, con grupos como  Uxía Lambona, Paco Nogueiras, Migallas, Mamá Cabra ...

Participamos no concurso  organizado Feiraco e  Sxpl, onde levamos o primeiro premio!!

Fixemos caricaturas dos nosos seres queridos tendo en conta algunha das que lle fixeron a Ricardo Carvalho.

Escribimos e contamos lugares onde nos sentimos libres, igual que Ricardo tiña o seu lugar favorito "Os Tumbos".

Expuxemos algunha das súas obras (eso sí, de maneira virtual) e tamén o convertimos en superheroe, e aproveitando que foi un gran amante de defensor dos animais, describimos cómo nós tamén temos poder para coidar, respetar e protexer aos animais.

E  fabulosos xogos e actividades que iamos topando nas redes . Moitas grazas por compartilo!!

Este luns entraremos na escola con música tradicional e faremos unha lembranza ao día das letras galegas. Estade atent@s...

SEREDES QUEN DE ATOPAR AS VOSAS ACTIVIDADES NESTE BLOGUE???

Ánimo e a ver se vos atopades!!! ¨É moi sinxelo...

Este luns entraremos na escola con música tradicional e faremos unha lembranza ao día das letras galegas. Estade atent@s...




mércores, 17 de xuño de 2020

SUPERODERES DA CLASE DE TERCEIRO

Sen máis que comentar, aquí están os fantásticos traballos dos nenos e nenas de 3º de primaria, rematando o proxecto de centro "I´ve got the power". Certamente o poder está nas nosas mans e no noso sentidiño!
























xoves, 26 de marzo de 2020

CONCURSO ADIVIÑAS I


Ola a tod@s!! Comezamos o concurso de adiviñas. Recordade que a resposta a enviedes a: torredaspalabras@gmail.com e poñades número de adiviña, o voso nome e curso. Podedes enviar as respostas ata o día que se poña a seguinte.
 Un sáudo e animádevos a participar!!!

mércores, 25 de marzo de 2020

HOXE CONTO INFANTIL CON...

Hoxe contamos coa titora da aula de 3 anos, profe Jeni,  que nos agasalla cun  conto infantil da editorial Kalandraka titulado "O fío", escrito por Gracia Iglesias e Rosa Osuna. Seguro que vos vai encantar, preparade o voso superoído e supervisión...

Moitas grazas profe!!!



martes, 24 de marzo de 2020

CONCURSO DE ADIVIÑAS

Ola a tod@s!!!! Os equipos de biblioteca e dinamización  decidiron que este ano faremos o concurso de adiviñas de forma virtual. Todos os martes e xoves teredes unha adiviña neste blog e a resposta a tedes que mandar a torredaspalabras@gmail.com poñendo tamén o voso nome e curso. 
Comezamos este xoves e non esquezades que o título do proxecto deste ano é: "I´ve got the power"!!!

luns, 23 de marzo de 2020

AS VERBAS DE MIRIAM FERRADÁNS


Para o 23 de marzo tiñamos programada a visita da poetísa Miriam Ferradáns para facer obradoiros cos nosos nen@s. Pero como #estamosnacasa non o podemos facer. Aínda así, ela mandounos unha fermosa mensaxe para os nosos "Superheroes e superheroínas". 
Non esquezades o título do noso proxecto:" I´ve got the power"
Moito ánimo a tod@s!!!


sábado, 21 de marzo de 2020

DÍA DA POESÍA

Hoxe celébrase o día da poesía, e os nenos e nenas do noso cole compartiron poesías, música, cantigas e ata algunha coreografía!! Grazas a tod@s por participar e facernos pasar un ratiño moi agradable vendoos e escoitando as vosas verbas. Esperamos e desexamos  que  pasarades un entretido momento facendo as grabacións!  Grazas familia!! 

https://www.facebook.com/ceiptorrecela/videos/654678518616098/?epa=SEARCH_BOX

E VELAÍ VAI UNHA PEQUENA ESCOLMA DE LIBROS DE POESÍA EN GALEGO PARA TOD@S







Resultado de imaxes para: poesia carballo calero
Resultado de imaxes para: libros poesia en galego para nenos garcia teijeiro
Resultado de imaxes para: libros poesia en galego para nenos garcia teijeiro
Resultado de imaxes para: libros poesia en galego para nenos garcia teijeiro
Resultado de imaxes para: LIBROS POESÍA MIRIAM FERRADÁS

mércores, 18 de marzo de 2020

COÑECENDO SUPERHEROÍNAS



Engadir título
   

LECTURAS EN GALEGO

Xa están decididas as seguintes lecturas nos clubs de alumn@s. Os nen@s de 3º e 4º de Primaria desfrutarán da lectura do cómic de "Curuxa. A voz de Azazel" e os de 5º e 6º de Primaria  "Xelis, o guieiro das botellas de mar".
Boas lecturas rapaces!!!

  

SEMANA DA PRENSA


Para a celebración da semana da prensa, a biblio do cole fixo unha proposta moi interesante para que nos recreos o alumnado buscara "supernovas" e así facer unha pequena exposición. Os pequenos do cole tamén acudiron  e descubriron como é un xornal e atoparon un onde tamén saía a nosa biblio!. O que máis lle gustou foi  "O Papagaio". Os maiores de infantil fixeron unha fantástica portada  dun novo xornal " A voz dos superheroes", chea de novas moi moi interantes. Bo traballo a tod@s!!!