Onte, 25 N día contra a violencia machista, compartimos aprendizaxes que estivemos traballando nas clases. Tendo en conta ao superheroe Hulk (cheo de forza e polo tando con autocontrol) falamos, comentamos e fixemos unha chea de actividades para decir: BASTA XA e non facer uso nunca da violencia.
Os maiores profundizaron neste tema no CONTEXTO LINGÜÍSTICO a través de
catro recantos que traballaron de xeito práctico e grupal, nas áreas de lingua galega e castelá, as competencias mediante un enfoque comunicativo e creativo:
1. Informativo: comprensión lectora, busca e tratamento da información en diferentes soportes
1. Informativo: comprensión lectora, busca e tratamento da información en diferentes soportes
2. Faladoiro: expresión oral elaborando programas de para radio, video, entrevistas, anuncios e teatro.
3. Ed.literaria: lectura e realización de distintos proxectos onde o alumnado ten que contar ou cambiar lendas, cancións, poemas, obras…
4. Creativo: crear, contar e escribir contos, cancións, poemas, banda deseñada, notas e cartas en diferentes formatos.
Dentro deste contexto aproveitamos para traballar actividades propostas por biblioteca e Dinamización da língua para celebrar conmemoracións.
Hoxe desfrutamos todos de parte do traballo realizado : raps creados e grabados polo alumnado con letras contra a violencia machista e tamén obras de títeres onde os contos tradicionais cambiaron a súa forma para ter unha linguaxe máis igualitaria.
💜nin unha menos💜
Velaí vai un resumo das actividades, agradecendo o traballo e a colaboración dos profes implicados e preocupados e transmitir esta mensaxe.Maiores e pequenos implicados en obradiros, contacontos,cantigas e xogos.







Algúns dos carteis e raps feitos por 5º e 6º de primaria.