Un blog ideado para mostrar agarimo e perpetuidade á nosa lingua, e a todas as linguas que nos rodean convivindo día a día con nós, e que supoñen unha inmensa riqueza cultural.
Continuando e remantando co mes da ciencia en galego, esta semana pasada realizamos os últimos experimentos científicos na biblioteca. Un mes fantásticO onde se despertaron curiosidades e moitas ganas de seguir investigando e experimentando. Grazas a tódol@s implicad@s, nen@s e maiores. Desta vez, fixéronse burbullas hexagonais, globos inflados con polvos picantes e bebida gaseosa e explosións volcánicas con gaseosa e mentos.