Amosando publicacións coa etiqueta RADIO FALADOIRO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta RADIO FALADOIRO. Amosar todas as publicacións

domingo, 13 de xuño de 2021

UN PATRIMONIO EN IMAXES

 Nenos e nenas de 6º de primaria participaron no IV certame de recolla das imaxes de patrimonio inmaterial galego portugués, organizado por Ponte nas Ondas.

Non deixedes de escoitar estes podecast no enlace do blog da nosa biblio! Seguro que non vos deixará indiferente!! Moi boa e importante recollida de esas fotografías que nos poden contar parte da historia da nosa contorna e as nosas tradicións: unha festa, o gaiteiro de Ardán, un baile, o pesqueiro de Peralta...

Moitas grazas ás familias por esa búsqueda e transmisión patrimonial!

Continuaremos investigando pola nosa conta!!!

http://torredaspalabras.blogspot.com/2021/06/as-imaxes-do-patrimonio.html


luns, 10 de maio de 2021

MAIO, MES DAS LETRAS GALEGAS (3ª PARTE) "XELA NA RADIO"

 Dentro do contexto lingüístico os nenos e nenas de 4º de primaria, estiveron investigando sobre a vida e obra de Xela Arias: escritora, traductora, poeta, ilustradora, loitadora, nai... 

Deixaron unha fantástica reportaxe de investigación na nosa Radio Faladoiro. Estamos seguros de que vos vai encantar. Non deixedes de escoitala!!!

BO TRABALLO!!


sábado, 13 de febreiro de 2021

DÍA DA RADIO

HOXE , 13 DE FEBREIRO, CELEBRAMOS O DÍA DA RADIO. NON DEIXEDES DE VISITAR A NOSA EMISORA  E DE DISFRUTAR DOS PODCASTS QUE PODEDES ATOPAR. CADA CONMEMORACIÓN E ACONTECEMENTO PASA POR RADIO FALADOIRO PARA TRANSMITIR E DAR A COÑECER AS NOSAS INQUEDANZAS,CURIOSIDADES, APRENDIZAXES E POR SUPOSTO ENTREVISTAS "MOI PROFESIONAIS" A TODOS OS QUE PODEN ACHEGARSE E DARNOS UNS MINUTIÑOS. 

NENOS E NENAS DE PRIMARIA, PARTICIPAN EN PONTE NAS ONDAS ... BRAVO!

E os  maiores do cole en colaboración coas familias nos fan pasar un ratiño moi agradable contestando  e recordando a súa infancia radiofónica. Grazas!!!!

BO DISFRUTE DA NOSA RADIO FALADOIRO!
.

 https://www.ivoox.com/podcast-radio-faladoiro-2020-2021_sq_f11091249_1.html

domingo, 31 de xaneiro de 2021

DIA DA PAZ (PARTE FINAL)

 O pasado 29 de Xaneiro conmemoramos o día da Paz e Non Violencia.  A través de actividades argalladas polo equipos do cole e relacionadas co PDI de este ano "SUPER-ARTE" (xogo de palabras xurdido  en setembro polo afán de superación da comunidade educativa nestes momentos tan complicados, e que ao mesmo tempo nos convida a coñecer diferentes artes: pintura, escultura, arquitectura...)

Así foi anunciado este día polos nenos e nenas de 4º de primaria na nosa Radio Faladoiro

Ás 11 da mañán abrimos portas e fiestras e rocanroleamos pola Paz, marcando un día con un ritmo alegre cheo de desexos e de artistas pola Paz.


 
 
Elaboramos entre tódalas aulas un fantástico museo da paz cheo de esculturas, cuadros, música , imaxes relacionadas e que en primaria e infantil foron traballadas nos diferentes contextos e obradoiros e, ata un muro, inspirado no de Clara Hunter,  coa palabra paz en diferentes idiomas!! No blogue da biblio poderedes ver un resumo deste maravilloso museo que quedará montado algúns días máis. Aquí deixamos só un par de fotos... ARTE E PAZ

http://torredaspalabras.blogspot.com/








Ademais do museo e do muro plurilingüe, disfrutamos e compartimos en cada aula un chocolate con churros pola paz... Rico rico!!!


Nenos e nenas de quinto de primaria elaboraron un manifesto en contra de todo tipo de violencia e exixindo a herdanza dun mundo democrático, paciente, dialogante, empático...

 UN MUNDO EN PAZ

FORA DO MUSEO DA PAZ, TAMÉN POIDEMOS ATOPAR TRABALLOS FEITOS NOS DIFERENTES CONTEXTOS, COMO OS EXPOSTOS POLOS NENOS E NENAS DE PRIMEIRO E SEGUNDO QUE ADEMÁIS DE INVESTIGAR SOBRE BANSKY E A SÚA ARTE PACIFÍSTA  URBANA, TAMÉN INDAGARON SOBRE MÚSICA, ESCRITORES, ESCULTURAS E OUTROS LOITADORES E LOITADORAS POLA PAZ. GRAZAS POR COMPARTILO!












































xoves, 28 de maio de 2020

RADIO FALADOIRO

Olaa!
Desde Radio faladoiro compartimos a participación do alumnado do cole na proposta "Música ao vivo" e "Rede Espora", para dar a coñecer á rapazada grupos de música galegos que se presentan aos premios Martín Códax. Este ano enfocado a dar luz ao papel das mulleres na música galega.







E temos resposta do grupo De Vacas apoiando o traballo realizado polo alumnado. Moitas grazas!!!! estamos encantados de contar con vós e esperamos disfrutarnos pronto"

domingo, 12 de xaneiro de 2020

luns, 20 de maio de 2019

PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA 2019

O alumnado de 5º de Primaria participou nun proxecto didáctico para fomentar a música galega dentro dos centros escolares realizando programas en formato podcast para divulgar e dar a coñecer as diferentes bandas e estilos musicais que se presentan aos Premios Martín Códax da Música. 



A continuación podedes escoitar os traballos elaborados...







sábado, 11 de maio de 2019

INVESTIGAMOS A NOSA CONTORNA SEGUINDO A ANTÓN FRAGUAS

Os nenos e nenas de 5º e    6º de primaria, fixeron un interesante traballo de investigación sobre o entroido da nosa contorna. E porqué? vos preguntaredes, porque xunto co resto do alumnado de primaria, participamos no concurso sobre costumes e tradicións proposto pola Asociación cultural "Costumes de Cela". Desta maneira os máis pequenos investigaron sobre romerias e os maiores sobre o entroido, temáticas moi vinculadas ao labor de investigación e transmisión da cultura popular do homenaxeado de  este ano no día das letras galegas: Antonio Fraguas Fraguas.


luns, 8 de abril de 2019

CUÑAS RADIOFÓNICAS

Vaia artistas que temos no cole! Desta vez son os nenos e nenas de 6º que nos presentan unha pequena escolma de rimas ben divertidas con música e texto feito por eles. Escoitádeas con calma que seguro que pasaredes un rato ben agradable!


sábado, 15 de decembro de 2018

RADIO NA BIBLIO

Seguimos con boas novas!!! 
O noso centro solicitou formar parte do programa "Radio na biblio", e tivemos a gran sorte de ser seleccionados para levalo a cabo.
 Xa contamos con Radio Faladoiro, creada polo centro o curso pasado. 
Polo que seguiremos no aire!!!