xoves, 11 de febreiro de 2021

ENTROIDO, RECTA FINAL (PARTE II)

  Chegamos ao último día na nosa semana entroideira!! Este venres teremos algo moi especial que con agarimo preparou a Asociación Meiramar-Axouxeres para o noso cole e que veremos nas aulas. Seguindo cos obxectivos do curso anterior , (onde nos visitaron desde Cobres para mostrar o seu traxe e danza de entroido), queremos seguir a dar a coñecer o entroido que temos mais perto de nós, a súa tradición co traxe de madamas e galáns, a súa danza, o seu espíritu. Agradecemos enormemente esta presentación e agardamos poder facela de maneira presencial o vindeiro ano. 

E... PREPARADOS PARA ABRIR BEN OLLOS ESTE  VENRES??

CON IMAXINACIÓN UNHA ARTE ESCOLLERÁS, PORQUE ESTE DÍA NO COLE DESFILARÁS!

BO DISFRUTE!