martes, 30 de marzo de 2021

DÍA DAS ARTES GALEGAS

     A Real Academia Galega de Belas Artes, decidiu prorrogar  as celebracións que o ano pasado non se celebraron por mor do Covid-19 no Día das Artes Galegas, , nesta ocasión adicado ao arquitecto Domingo de Andrade. Aínda que a maior parte da súa obra podemos vela en Compostela, fora dalí tamén deixou a súa pegada en Lugo e Ourense.

É o gran maestro da arquitectura barroca en Galicia. Sobresae o seu traballo na cidade de Santiago e na súa catedral. A súa gran obra sería a Torre do Reloxo da basílica entre as prazas de As Praterías e A Quintana.

O cartel conmemorativo foi realizado polo académico Xosé Díaz Arias de Castro a partir do retrato de Domingo de Andrade obra de Felipe Criado e conservado na Facultade de Xeografía e Historia Compostelá. 


 

 ESCALERA HELICOIDAL DO CONVENTO DE SANTO DOMINGO DE BONAVAL. 

 TORRE DO RELOXO CATEDRAL DE SANTIAGO COMPOSTELA

Ademais de propoñer facer unha das obras destacadas de Andrade como estas que vedes aquí, desde este equipo de dinamización tamén vos convidamos a ver e reflexionar sobre esta mensaxe que con todo agarimo nos enviou ao cole e María Pierres, arquitecta galega recoñecida a nivel nacional .

 

E TI, SUPERARTISTA? ATREVESTE A FACER A TÚA PROPIA OBRA ARQUITECTÓNICA? SACA A TÚA CREATIVIDADE CO QUE TEÑAS A MAN E CREA ALGO ESPECTACULAR PARA COMPARTIR CON NÓS.

BO DÍA DAS ARTES GALEGAS!!