Xa chegou o San Martiño...e con el o noso esperado magosto.
O pasado venres 12 celebramos no noso cole un día excepcional, cheo de música, castañas, chourizos, xogos e moitas ganas de pasalo ben!
Desde primeira hora tivemos o privilexio de ter con nós ó grupo de pandereteiras Tanxuguerias, que fixo a delicia musical de todo o alumnado e profesorado. Impartiron o obradoiro "A tradición musical galega en feminino" dentro do plan de reactivación cultural fronte aos efectos derivados da covid-19.
Sobran as palabras para darse conta do moito que nos gustou telas con nós e escoitar como recollen a tradición escoitando aos nosos maiores e como co noso idioma chegamos a todos lados.
Lembrade que nos puxeron un pequeno reto: escoitar música en galego e preguntar nas nosas casa se lembran cantigas tradicionais.
Pero de seguro que o mellor foi poder celebralo todos xuntos, coas nosas/-os compañeiras/-os, compartindo xogos, risas e vivencias.
Grazas, unha vez máis, a toda a comunidade educativa polo esforzo de levar a cabo a actividade.
Velaí unha pequena escolma das imaxes do día: