luns, 31 de xaneiro de 2022

DIA DA PAZ 2022

 Hoxe luns conmemoramos  no noso cole  o "Día internacional da Paz" co  recente éxito dun dos grupos que máis sona están a ter  polo mundo nestes momentos. As Tanxugueiras con "Terra", acompañáronnos durante toda a mañán, co seu ritmo, os seus aturuxos o seu éxito arroiador, e a lembranza de que tamén estiveron de visita no noso centro no pasado trimestre!

Todas as aulas implicáronse neste día a través de murais, libros expostos temáticos na biblio,   manifesto feito polos nenos e nenas de 4º de primaria e que podremos escoitar en radio faladoiro proximamente, Canción e coreografía de "Madre Tierra" de Chayanne,  manualidades diversas e unha grande actividade final, onde , coas medidas pertinentes , poidemos vernos todos e todas as caras nun ambiente de sosiego, paz e alegría. Rematamos compartindo unha espectacular chocolatada a ritmo de Tanxugueiras, Paco Díaz, María Fumaça, entre outros; lecturas como "O lapis de Malala" e un marcapáxinas con verbas de paz,...

"Ahí ven ahi vai"  unha pequena lembranza desta conmemoración...
















luns, 17 de xaneiro de 2022

CHIN BAM BUM

 FELIZ ANI NOVO!

Moi boas , xa estamos de volta por este blogue onde trataremos toda-las semanas , que sexan menester, de actualizar coas nosas actividades faladoiras e falangueiras, onde tratamos a nosa cultura e por ende a nosa lingua coa maior dulzura e agarimo do mundo.

Comezamos este trimestre cunha actividade lúdica dos pequenos do cole a través dunha das últimas publicacións de Kalandraka

Misteriosamente os cativos protagonistas, danse conta de que os trebellos da cociña tamén fan "música", e como non podía ser de outra maneira, tamén eles e elas están máis que dispostos a armar unha orquestra. Remata o conto incitando á creatividade cunha estantería chea de botes de marmelada, imaxinades que farían estes pequechos?
 Disfrutade da nosa experiencia!!!!