luns, 17 de xaneiro de 2022

CHIN BAM BUM

 FELIZ ANI NOVO!

Moi boas , xa estamos de volta por este blogue onde trataremos toda-las semanas , que sexan menester, de actualizar coas nosas actividades faladoiras e falangueiras, onde tratamos a nosa cultura e por ende a nosa lingua coa maior dulzura e agarimo do mundo.

Comezamos este trimestre cunha actividade lúdica dos pequenos do cole a través dunha das últimas publicacións de Kalandraka

Misteriosamente os cativos protagonistas, danse conta de que os trebellos da cociña tamén fan "música", e como non podía ser de outra maneira, tamén eles e elas están máis que dispostos a armar unha orquestra. Remata o conto incitando á creatividade cunha estantería chea de botes de marmelada, imaxinades que farían estes pequechos?
 Disfrutade da nosa experiencia!!!!