Amosando publicacións coa etiqueta saída escolar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta saída escolar. Amosar todas as publicacións

sábado, 27 de marzo de 2021

SAIDA POLA CONTORNA DE CELA

     O pasado mércores os nenos e nenas de 6º de infantil deron un fermoso paseo pola nosa contorna. Ademais das impresionantes  vistas, recoñeceron plantas, sons de paxaros, árbores autóctonos coma o carballo, muíños, e ata dous fermosos cabalos que parecían que os estaban esperando. Desde o cole ata a casa da cultura pasando por camiños e leiras e con un guía de excepción.

Preparando outra!!!


xoves, 24 de outubro de 2019

EXCURSION POR SANTIAGO


Os nenos e nenas de 3º,4º e 5º de primaria sairon esta semana de excursión por Santiago. Visitaron o MUPEGA, a fantástica exposición interactiva "Argallar" na Cidade da Cultura, e  pararon en Padrón para visitar a casa museo de Rosalía, onde nenos e nenas de 4º   amosaron aos compañeiros os  seus coñecementos sobre esta escritora unha superheroína de onte, hoxe e sempre. Un día lúdico didáctico fantástico!

La imagen puede contener: 5 personas, personas sonriendo, personas sentadas e interior La imagen puede contener: una o varias personas, personas sentadas e interior

La imagen puede contener: una o varias personas y cancha de baloncesto La imagen puede contener: una o varias personas, multitud, árbol y exterior


mércores, 8 de maio de 2019

NATUREZA VIVA: O LAGO CASTIÑEIRAS

Os alumn@s de 3º a 6º de Primaria visitaron o Lago de Castiñeiras. Os monitores explicaron a historia do lago, que é artificial!. Ensinaron aos rapaces as distintas árbores autóctonas: castiñeiro, bidueiro, carballo... e explicaron as súas características. Tamén lles falaron das invasoras: acacia, mimosa..  e porqué perxudican. Tamén visitaron a "Mámoa do Rey".