sábado, 3 de novembro de 2018

E CHEGOU O DIA!!


  Previamente  o cole foise preparando para celebrar tan esperado día. En colaboración coa biblioteca, seleccionáronse libros relacionados con esta celebración e co proxecto de centro deste ano.


 O pasado mércores 30 , víspera de Todos Os Santos, o cole encheuse de monstros, meigas, disfraces e moito moito susto divertido!! Talleres de maquillaxe, pócemas malcheirentas, e contos terroríficos con Mari e Luis (nai e pai de Lola e Roi),  que fixeron as ledicias de pequenos e maiores. 
          

 La imagen puede contener: 5 personas, personas sonriendo, personas sentadas y sombrero   No hay texto alternativo automático disponible.
   Pero non foi só Samaín, se non que tamén celebramos unha das nosas festas enxebres e tradicionais: O Magosto. Castañas, chourizos e moito moito xogo , que fixeron este día inesquecible!!!



        

E  ADEMÁIS....


Non vos perdades o programa especial sobre Samaín e Magosto que prepararou o alumnado de infantil! 👏🏼👏🏼👏🏼 
Lembrade que podedes descargar a App Ivoox e subscribiros ao noso canal de Radio Faladoiro 📻

IVOOX.COM

Escucha y descarga los episodios de RADIO FALADOIRO 2018/19 gratis. Presentación da festa do Samaín e Magosto, realizada polos alumnos/as de infantil do CEIP Plurilingüe da Torre-Cela. Programa: RADIO FALADOIRO 2018/19. Canal: Torre. Tiempo: 07:40 Subido 31/10 a las 20:34:43 29757105

martes, 23 de outubro de 2018

PREPARADOS E PREPARADAS PARA CELEBRAR UN MAGOSTO TERRORÍFICO

Aproxímase unha das datas máis esperadas polos membros da comunidade escolar: O SAMAÍN. Este ano preséntase como novedade esta celebración xunto cunha das festas populares máis tradicionais: O MAGOSTO. Xa está todo en marcha:  talleres, exposición, cestiños para as castañas...Será o día 31 cando esqueletes, calacús, vampiros, maquilladores e contacontos, farán as delicias dos nenos e nenas, e para repoñerse do susto, nada mellor  cunhas castañas asadas, música tradicional e xogos populares. Será un día terriblemente fabuloso!!!

PROXIMAMENTE MÁIS!!


MALETA VIAXEIRA

En colaboración co Equipo de Biblioteca foi solicitada a Maleta Viaxeira: "Por unha biblioteca inclusiva". Nela contamos con diferentes libros que serán utilizados nas aulas durante un mes, e que serán, entre outras,  a base da celebración do Día das Bibliotecas escolares o 24 de Outubro. Unha das actividades propostas será o apadriñamento lector, onde o alumnado leerá en galego, castelán e inglés. Será unha experiencia plurilingüe fantástica!!!




 PROXIMAMENTE  MÁIS!!!


O DESPERTAR DAS SEMENTES

Desde este blog presentamos o novo proxecto de centro que imos desenvolver durante este curso escolar. Ademáis da saída do alumnado de 4º, 5º e 6º á aula da natureza, a primeira actividade "global" do centro, foi a lectura do libro "A árbore da escola" de Antonio Sandoval, un libro fantástico e ideal para despegar nesta nova aventura de curiosidade e investigación. Foi a profe Mariló quen preparou esta lectura  tamén a través de pictogramas. 
 
Desta maneira, unha das primeiras propostas deste equipo de dinamización , en colaboración con todos os equipos do centro, foi investigar as árbores que nos gustaría ter na escola, para nalgún momento, se é posible, facelo realidade :-)
 Para iso, estase a realizar un mural nun dos  corredores do centro describindo con diferentes técnicas as árbores que nos gustaría ter na nosa escola.
 PROXIMAMENTE MÁIS !!!!!!!
                     ESTAMOS EN PROCESO DE ELABORACIÓN!!!!!!



VISITA DE RETROUSO

Hai uns días recibimo-la visita da Asociación Cultural Retrouso de Cela. Presentáronnos diferentes instrumentos tradicionais de percusión e vento. Poidemos escoitar, bailar, tocar... en fin,  pasámolo de maravilla e quedamos con ganas de saber máis!!! Esperámosvos!!


luns, 8 de outubro de 2018

SAÍDA Á AULA DA NATUREZA DE CABO UDRA



Os alumn@s de 4º a 6º de Primaria comezaron o curso cunha actividade de motivación do proxecto: "O despertar das sementes". Visitaron a aula da natureza de Cabo Udra, na que puideron contemplar esta fermosa paisaxe natural, faláronlle das plantas e animais propios da zona, do respecto e coidado polo medio ambiente... aprenderon xogando e mesmo fixeron un percorrido pola zona.



domingo, 3 de xuño de 2018

PRESENTACIÓN DO NOSO PROXECTO: PATRIMONIO INMATERIAL DE CELA


Chegamos ao remate das nosas investigacións sobre o patrimonio inmaterial de Cela e a contorna: lendas, refráns, ditos, cancións de berce foron algúns dos exemplos recollidos.

Trasladamos unha parte das nosas pesquisas ao alumnado de infantil, a continuación ao primeiro ciclo e finalmente aos compañeiros de terceiro, quinto e sexto.

Salientamos que unha parte da exposición foi o resultado do traballo colaborativo con sexto pola relación entre alumnos titores- titorizados: nós contamos as lendas relacionadas con monumentos, ou algúns ditos e refráns relacionados co viño e eles explicaban os datos históricos ou no caso da vendima os datos da elaboración do viño.

Presentando o proxecto Patrimonio inmaterial ao alumnado de  infantil