Amosando publicacións coa etiqueta samaín. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta samaín. Amosar todas as publicacións

sábado, 17 de outubro de 2020

ACTIVIDADE PICTÓRICA DE MEDO



DESDE O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA E CONTINUANDO CO NOSO 
PROXECTO ANUAL DE CENTRO "SUPER-ARTE", ANIMAMOS A TODO O ALUMNADO A PARTICIPAR NESTA ACTIVIDADE CREATIVA .
TRÁTASE DE ESCOITAR, VER E INVESTIGAR SOBRE PINTORES GALEG@S QUE NALGÚN MOMENTO DA SÚA VIDA E OBRA TRATARON O TEMA DA MORTE E DA CELEBRACIÓN DO SAMAÍN.
EIQUÍ PRESENTAMOS UNHA PEQUENA ESCOLMA, SEGURO QUE VOS ATOPAREDES MOITO MÁIS.
ESPERAMOS AS VOSAS TERRORÍFICAS OBRAS, QUE EXPOÑEREMOS NO COLE EN SAMAÍN. DESFRUTADE DAS FORMAS, DAS CORES, DE DIFERENTES TÉCNICAS E FACÉDENOS TREMER DE MEDO... 

NON ESQUEZADES ASINALAS!


xoves, 24 de outubro de 2019

LECTURAS DE MEDO

Velaí vai unha pequena escolma feita polo equipo de biblioteca e dinamización para ler estes terroríficos días de Samaín! Os nosos desexos de  que o pasedes de medo... 






martes, 23 de outubro de 2018

PREPARADOS E PREPARADAS PARA CELEBRAR UN MAGOSTO TERRORÍFICO

Aproxímase unha das datas máis esperadas polos membros da comunidade escolar: O SAMAÍN. Este ano preséntase como novedade esta celebración xunto cunha das festas populares máis tradicionais: O MAGOSTO. Xa está todo en marcha:  talleres, exposición, cestiños para as castañas...Será o día 31 cando esqueletes, calacús, vampiros, maquilladores e contacontos, farán as delicias dos nenos e nenas, e para repoñerse do susto, nada mellor  cunhas castañas asadas, música tradicional e xogos populares. Será un día terriblemente fabuloso!!!

PROXIMAMENTE MÁIS!!


mércores, 1 de novembro de 2017

Samaín

O día 31 de outubro tivemos un día terrorífico, celebramos o samaín!!!😱

Ao longo de toda a mañá pasamos por diversos obradoiros nos que contamos coa colaboración das familias e docentes: cociña, maquillaxe, apócemas... Mirade que ben o pasamos.



















Tamén tivemos sesión de contacontos de medo por parte de Mari Acuña e de Luis Davila que fixéronnos pasar un bo rato. Durante a primeira sesión os nenos de infantil, 1º e 2º de primaria disfrutamos da representación dos seguintes contos "A bruxa regañadentes", "Verlioka" e "Onde viven os monstros". 
Para os nenos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria explicáronnos o significado da palabra samaín que para moitas culturas indica o inicio do ano novo. 
A continuación contáronnos lendas da illa de Ons:  "A galiña dos ovos de ouro", "A serpe e o neno" e "O burato do inferno". 
Déronnos tamén a coñecer a tradición popular que había en Galicia do "mal de ollo". Críase que o mal de ollo era capaz de facer por exemplo que as vacas quedaran estériles ou vez de dar leite botaran sangue. Como vedes aprendimos moitas cousas novas. 
Para rematar amenizaron a sesión co conto "a bruxa regañadentes".





Os alumnos de infantil contamos ademais coa colaboración de Rubén Bastón que veunos contar os seguintes contos: "Garavanciño", "A casa da miña avoa" e "O xigante do pantano". Acompañounos de música popular coa que disfrutamos un montón. Que bo rato pasamos!




Neste día non podían faltar as nosas cabazas e as nosas espigas de millo terroríficas e relacionadas co proxecto. Mirade que magnífico traballo fixeron os nosos alumnos/as e as súas familias.








GRAZAS FAMILIAS pola vosa colaboración, dedicación e esforzo. Parabéns!!!