venres, 7 de xuño de 2019

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN


INVESTIGANDO O NOSO PROXECTO

O alumnado do noso cole está a realizar estes días unha pequena investigación dentro da exposición "O despertar das sementes" e do mural "Espallando Verbas, costumes e tradicións" polo día das Letras Galegas. Así poderán saber máis sobre a horta, os bosques...

     

luns, 3 de xuño de 2019

PRESENTACIÓN PDI "O DESPERTAR DAS SEMENTES"

Os nenos e nenas do cole están a presentar os seus traballos sobre o noso proxecto "O despertar das sementes".
Un gran traballo cheo de descubrimentos e aprendizaxes!!

Aula 5º Educación infantil "A nosa hortiña"


Aula 6º Educación infantil"Unha horta para todos"



Aula 4º Educación infantil "A horta: alimentos e bichiños"


Aulas 1º e 2º de Educación primaria " Os segredos dos bosques"


Aula de 5º Educación primaria (A madeira e ferramentas; incendios)


Aula de 6º Educación primaria (Contaminación e prevención)



Aula de 3º e 4 Educación primaria





xoves, 30 de maio de 2019

CLUB LECTURA COA REVISTA O PAPAGAIO



Os nenos e nenas do club de lectura intercambiaron as súas opinións sobre a revista escolar galega que este ano poidemos disfrutar no cole.  Escoitando os seus comentarios continuaremos o próximo ano con ela, e por que non? Igual facemos o noso propio xornal dixital ou impreso do cole!! Pensarémolo!!
Moitas grazas pola vosa participación e aportación!!!










































Os nenos e nenas do clube de lectura intercambiaron as súas opinións sobre a revista escolar galega que este ano poidemos disfrutar no cole.  Moitas grazas pola vosa participación!!!

























FIC BUEU NO COLE

A través do plan #Pontegal da Deputación Pontevedra, achegouse o cinema aos nosos alumn@s. Dunha banda, proxectamos para alumnado de Infantil algunhas das mellores curtas internacionais que pasaron polo FICBUEU en 2018 e que foron recibidas con moita curiosidade polos cativos. Por outra parte, impartimos unha charla sobre o proceso de produción dun filme para as clases de 3º e 5º de Primaria, que espertou grande interese. Para nós tamén foi unha grata sorpresa comprobar a cantidade de coñecementos que xa tiñan adquiridos. Parabéns!


No hay ninguna descripción de la foto disponible.

La imagen puede contener: pantalla e interior

martes, 28 de maio de 2019

CLUB DE LECTURA

CONCURSO CONTOS E DEBUXO

Como xa publicamos anteriormente os nenos e nenas de primaria participaron no concurso organizado pola A.C. Costumes de Cela relacionada coas nosas costumes e tradicións. Foi a partir desta proposta, no seu momento, cando se argallou a romaría celebrada hai unha semana desta publicación. Moitas grazas!!!
 E parabens a tódolos participantes. O próxima ano...máis!