xoves, 30 de maio de 2019

FIC BUEU NO COLE

A través do plan #Pontegal da Deputación Pontevedra, achegouse o cinema aos nosos alumn@s. Dunha banda, proxectamos para alumnado de Infantil algunhas das mellores curtas internacionais que pasaron polo FICBUEU en 2018 e que foron recibidas con moita curiosidade polos cativos. Por outra parte, impartimos unha charla sobre o proceso de produción dun filme para as clases de 3º e 5º de Primaria, que espertou grande interese. Para nós tamén foi unha grata sorpresa comprobar a cantidade de coñecementos que xa tiñan adquiridos. Parabéns!


No hay ninguna descripción de la foto disponible.

La imagen puede contener: pantalla e interior