luns, 7 de maio de 2018

ABRIL, MES DOS LIBROS


Para conmemorar o mes de Abril, mes dos libros fixemos as seguintes actividades. Mirade canto traballamos e que ben o pasamos.

O día 23 de Abril: INTERCAMBIO LECTOR. Cada neno/a trouxo un conto da súa casa e intercambiouno por outro dun compañeiro durante 15 días procurando que foran libros en galego. 







O día 24: HOXE NO PATIO, LIBRO. Durante a hora de lecer os nenos/as tiveron a súa disposición no patio unha morea de libros con diferentes temáticas: científicos, de valores, de narrativa..., para todo tipo de idades e sobre todo libros en lingua galega.










Que bo rato pasamos difrutando do noso tempo de lecer lendo un bo libro e en boa compañía.


Mércores 25: APADRIÑAMENTO LECTOR. Desta vez tamén tivemos lectura no patio pero nesta ocasión un neno maior lía un conto a outro neno de menor idade. Foi unha actividade moi motivadora tanto para os lectores como para os oíntes.











Xoves 26 de Abril: VISITA DE SERVANDO BARREIRO!!. Na investigación que estamos levando a cabo sobre as personaxes máxicas que aparecen nas lendas do noso entorno a visita de Servando foi unha gran motivación. Presentounos o seu libro-cd "A música da auga" e fíxoo acompañado do seu acordeón. Grazas a el fixemos unha fermosa e divertida viaxe desde o nacemento dun río ata a súa desembocadura no mar atlántico na que coñecemos xacias, barqueiros, cesteiros, ...







Mirade que atentos estabamos todos!!




E para rematar foi entrevistado na radio faladoiro.




Que gran día!!

Venres 27: VISIONADO DE BOOKTUBERS. Durante todos estos días os nosos alumnos estiveron gravando recomendacións de libros empregando a lingua galega. A maioría dos libros recomendados eran en galego e relacionados co proxecto "desenterrando os nosos tesouros". O venres vimos todas esas recomendacións. Foi unha actividade moi interesante e motivadora xa que as novas tecnoloxías sempre son aliciente. 






Luns 30 de Abril: VISITA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO. Que día máis emotivo e inspirador pasamos na compaña de García Teijeiro. As súas palabras sobre a poesía e sobre as súas obras fixeron espertar os nosos sentimentos e a nosa imaxinación. 
Falounos do mar, da importancia que ten na súa vida a lectura, a escritura, o afecto pola escola e o deporte. tamén lembrounos algúns dos seus versos. 
Foi unha experiencia máxica onde a poesía, a nosa lingua e o agarimo de García Teijeiro fixeron remover todo o noso interior.

Asinou  "Lendo lendas, digo versos" coautor con Antonio Reigosa e ilustrado por Xosé Cobas e foi entrevistado polos nosos alumnos na Radio Faladoiro. 

Ao fondo o mural sobre a obra lida






Asinou no libro de visitas e os exemplares do alumnado












domingo, 29 de abril de 2018

VISITA DE PEPE CARREIRO E A ASOCIACIÓN DE ALFOMBRISTAS DE BUEU


O día 20 deste mes recibimos a visita de Pepe Carreiro, autor dos Bolechas. Colabora coa Asociación de Alfombristas de Bueu para divulgar a cultura tradicional na celebración do tradicional Día de Corpus. Xuntos viñeron amosarnos como fan as alfombras que decoran as rúas polo Corpus.






O alumnado realizou alfombras co material aportado pola asociación e empregando como figuras as  personaxes dos Bolechas.










Os alfombristas escolares dando os últimos toques ao seu traballo
La imagen puede contener: 4 personas, personas sonriendo

La imagen puede contener: 8 personas, personas sonriendo, interior

La imagen puede contener: 9 personas, personas sonriendo

La imagen puede contener: 10 personas, personas sonriendo, interior

Que alfombras tan divertidas!!

Posteriormente Pepe Carreiro e Manuel, da Asociación de Alfombras de Bueu foron entrevistados na nosa radio faladoiro.








venres, 27 de abril de 2018

VISITA AO SALÓN DO LIBRO

O venres 20 deste mes fomos ao Salón do Libro de Pontevedra os cursos de 5º e 6º de E.Infantil e 1º e 2º de E.Primaria. Este ano está adicado ás "Mulleres de conto" e a México, país convidado.



Alí, descubrimos os diferentes papeis das mulleres en relación ós contos como o de escritora, editora, ilustradora, bibliotecaria, libreira, mestra...





La imagen puede contener: 2 personas, calzado e interior


Entre as diferentes mulleres homenaxeadas non podía faltar María Victoria Moreno!!!. Autora homenaxeada este ano das Letras Galegas.





E descubrimos un conto inédito de María Victoria recuperado polo ILES Gonzalo Torrente Ballester




Como remate a este gran día disfrutamos da representación da obra "O secuestro da bibliotecaria" de Sarabela Teatro.


La imagen puede contener: 5 personas, personas sentadas


Que gran día pasamos!!!



😍😍😍

luns, 23 de abril de 2018

RECORDANDO A ROSALÍA

Na visita que realizamos a Santiago de Compostela a semana pasada non podíamos deixar pasar a oportunidade de visitar a estatua de Rosalía de Castro. Ante a imaxe, os nenos de cuarto recitaron  os versos de "Adiós ríos, adiós fontes" para homenaxear a gran escritora. 



 Retrato ante a estatua de Rosalía de Castro.

domingo, 22 de abril de 2018

VISITA AO MUSEO DO POBO GALEGO

O martes, 17 de abril o alumnado de terceiro a sexto de primaria ralizaron unha visita ao Museo do Pobo Galego dentro do proxecto "Desenterrando os nosos tesouros".
Os alumnos realizaron un obradoiro onde a partir das materias primas como a madeira, barro, pedra, fíos -la, liño, cáñamo, ...- coñeceron distintos oficios: carpinteiros, telleiros, canteiros, palilleiros, tecelás, redeiros, ...

Preparando a representación do oficio das palilleiras
Dentro de cada grupo afondaron nas especialidades e diversos aspectos relacionados con cada oficio.
Así existían carpinteiros de ribeira para os barcos, de obra para as vivendas, os que traballaban nos toneis e bocois, ...

De visita polas distintas instalacións observamos as súas ferramentas e algunhas particularidades dos traballos como as marcas dos canteiros, maneiras de falar que tiñan algúns oficios para que non os entendesen como os canteiros, telleiros e albaneis.

Ferramentas do carpinteiro co banco de traballo

Noutra parte da saída cultural quixemos botar unha ollada, por contraste, a arte actual. Así visitamos o Centro Galego de Arte contemporánea. Chamounos moito a atención os debuxos animados das mans dun dictador que se movían coa música dun campo de concentración que el mismo creara.

Xa nas rúas de Compostela coñecemos a artesanía do acibeche onde atopamos as figas e outros amuletos que seica dan boa sorte. Nomes de rúas e prazas onde traballaban distintos artesáns: Acibechería, Praterías, ...

Utensilios para facer fíos coa planta do liño




Helicoidal era a escaleira que nos tiña abraiados

martes, 17 de abril de 2018

CONCURSO DE ADIVIÑAS


Tódolos xoves do mes de marzo tivemos na nosa biblioteca na hora do recreo un concurso de adiviñas relacionadas co noso proxecto "´Desenterrando os nosos tesouros".

Aquí podedes ver aos nosos gañadores: Alba e Cristina de 5º de E.Primaria, David de 2º de E.P. e Mara de 5º de E.Infantil. Parabéns a todos por participar e aos gañadores por acertar a resposta correcta.





Se queredes saber cales eran as adiviñas, escoitade a seguinte entrevista realizada por unha alumna de 6º de E.Primaria aos gañadores.









luns, 16 de abril de 2018

SEGUIMOS A INVESTIGAR O NOSO PROXECTO "DESENTERRANDO OS NOSOS TESOUROS" CUNHAS VISITAS ESPECIAIS


Estes días tivemos unhas visitas moi especiais que nos axudaron a coñecer un pouco máis a nosa contorna.
A primeira visita que recibimos foi a de María Do Cano, unha muller que naceu na illa de Ons e que veu contarnos unha chea de historias da illa. Ademais agasallounos cunhas cantigas propias e outras recollidas que lle fixeron moita ilusión ós nosos alumnos.






Para rematar algúns dos alumnos entrevistárona na radio Faladoiro como podedes ver a continuación:



Moitas grazas María por vir contarnos tantas cousas fermosas e cheas de historia.


A segunda visita que tivemos estes días foi a dun garda forestal e dunha brigada apaga lumes de Pontevedra. Esta actividade foi organizada xunto co concelleiro de medio ambiente do concello de Bueu.






Grazas a eles os nosos alumnos achegáronse ao traballo destes profesionais e tiveron a oportunidade de facer tarefas propias dos seus traballos.





Para rematar plantamos árbores no noso xardín.







Moitas grazas por concienciar aos nosos alumnos da importancia de coidar un dos nosos tesouros da contorna: os montes.