Os alumnos realizaron un obradoiro onde a partir das materias primas como a madeira, barro, pedra, fíos -la, liño, cáñamo, ...- coñeceron distintos oficios: carpinteiros, telleiros, canteiros, palilleiros, tecelás, redeiros, ...
Preparando a representación do oficio das palilleiras |
Así existían carpinteiros de ribeira para os barcos, de obra para as vivendas, os que traballaban nos toneis e bocois, ...
De visita polas distintas instalacións observamos as súas ferramentas e algunhas particularidades dos traballos como as marcas dos canteiros, maneiras de falar que tiñan algúns oficios para que non os entendesen como os canteiros, telleiros e albaneis.
Ferramentas do carpinteiro co banco de traballo |
Noutra parte da saída cultural quixemos botar unha ollada, por contraste, a arte actual. Así visitamos o Centro Galego de Arte contemporánea. Chamounos moito a atención os debuxos animados das mans dun dictador que se movían coa música dun campo de concentración que el mismo creara.
Xa nas rúas de Compostela coñecemos a artesanía do acibeche onde atopamos as figas e outros amuletos que seica dan boa sorte. Nomes de rúas e prazas onde traballaban distintos artesáns: Acibechería, Praterías, ...
Utensilios para facer fíos coa planta do liño |
Helicoidal era a escaleira que nos tiña abraiados |