xoves, 26 de novembro de 2020

25 NOVEMBRO

NON E NON!, E así cun  grito de non á violencia de xénero os nenos e nenas do cole cos seus profes realizaron diferentes actividades para reflexionar, dialogar e falar sobre temas como o respecto, o diálogo, os medos e temores, a liberdade, a autoestima, vacinas contra a violencia...

Foi a través de contos, música, mensaxes positivos, visionado de imaxes, manualidades e moito moito diálogo e reflexión en grupo!










REFLEXIÓN, DIÁLOGO, LIBERTADE!

mércores, 11 de novembro de 2020

DIA DE MAGOSTO

 "Castañas, castañas, do chan se apañan ..."  Así  cantamos unha das nosas cancións favoritas para celebrar esta festa popular , que este ano tampouco deixamos de celebrar. Maiores e pequenos disfrutamos este día a través de xogos populares (zancos, buxainas, mariolas, gomas elásticas, aros, sacos) , manualidades (viseras, colares, cadros con elementos naturais...) , investigación nos contextos lingüísticos creando incluso as súas propias historias que podedes ver no blogue da biblio "A Torre das palabras", castañas, chourizos,  música , podcast en radio Faladoiro dos nenos e nenas de 6º Educación infantil  e ata o bo tempo, baixo medidas de seguridade establecidas, fixeron que  tod@s pasaramos unha mañán fantástica,  sabrosona e con arte natural!

Eiquí unha pequena escolma de imaxes do ben que o pasamos!! Esta semana iremos subindo máis ... porque temos un feixe delas!!!! 

Comeza a conta atrás para o próximo magosto 

 e esperemos que noutras circunstancias...
















domingo, 1 de novembro de 2020

MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS (Parte 1)

 Comezamos o mes de novembro e como tal,  o mes da ciencia , data que levamos conmemorando no noso cole facendo experimentos dende hai un par de anos. Este ano a Institución  Galega da Ciencia propón dedicarllo a Robert Koch, microbiólogo alemán descubridor dos bacilos da tuberculose e a Ernesto Viéitez Cortizo científico galego de fisioloxía vexetal, ademáis de farmacéutico, profesor e político. Autor de varios  libros, entre eles "O castiñeiro: bioloxía e patoloxía" , leva o seu nome os premios de investigación organizados pola Real Academia das Ciencias.

 


 

 ANIMÁDESVOS A INVESTIGAR A ESTES IMPORTANTES CIENTÍFICOS?????
E MENTRAS TANTO... NO COLE IMOS FACER EXPERIMENTOS DURANTE ESTE MES DE NOVEMBRO RELACIONADOS CO PROXECTO DO COLE "SUPER-ARTE" MOITOS DELES A PROPOSTA DO CONTEXTO CIENTÍFICO...
GRACIÑAS!! 
SEGURO QUE SORPRENDEREMOS!!!



sábado, 31 de outubro de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

 



Por mor da pandemia, a celebración do día das letras galegas foi trasladada ao día de hoxe, 31 de outubro. Durante o confinamento do 3º trimestre, realizamos actividades relacionadas co homeaxeado deste ano:  Ricardo Carvalho Calero. Hoxe é un bo momento para recordar a alguen  cuios superheroes das letras foron Rosalía de Castro e Curros Enriquez e entre outras foi autor do libro Historia da Literatura Galega Contemporánea ....

Ademáis en Samaín aproveitamos para coñecer artistas galegos que nalgún momento ilustraron e/ou pintaron cadros coa temática da morte ou do medo. Por suposto a música non podía faltar, con grupos como  Uxía Lambona, Paco Nogueiras, Migallas, Mamá Cabra ...

Participamos no concurso  organizado Feiraco e  Sxpl, onde levamos o primeiro premio!!

Fixemos caricaturas dos nosos seres queridos tendo en conta algunha das que lle fixeron a Ricardo Carvalho.

Escribimos e contamos lugares onde nos sentimos libres, igual que Ricardo tiña o seu lugar favorito "Os Tumbos".

Expuxemos algunha das súas obras (eso sí, de maneira virtual) e tamén o convertimos en superheroe, e aproveitando que foi un gran amante de defensor dos animais, describimos cómo nós tamén temos poder para coidar, respetar e protexer aos animais.

E  fabulosos xogos e actividades que iamos topando nas redes . Moitas grazas por compartilo!!

Este luns entraremos na escola con música tradicional e faremos unha lembranza ao día das letras galegas. Estade atent@s...

SEREDES QUEN DE ATOPAR AS VOSAS ACTIVIDADES NESTE BLOGUE???

Ánimo e a ver se vos atopades!!! ¨É moi sinxelo...

Este luns entraremos na escola con música tradicional e faremos unha lembranza ao día das letras galegas. Estade atent@s...




venres, 30 de outubro de 2020

HOXE CELEBRAMOS SAMAÍN

 "Hoxe celebramos o Samaín , que noutros sitios se chama Halloween...) Canta así unha das cancións que más escoitamos na escola estes días. E como tal,  celebramos ,eso si, dunha maneira atípica, o  Samaín.  Tendo en conta o proxecto deste ano do cole "SUPER-ARTE" se lanza unha  proposta  para decorar a exposición de cabazas inspirándonos en cuadros e ilustracións de artistas galegos relacionados co medo e a morte, enchimos as paredes do escenario da sala multiusos coas maravillosas obras do noso alumnado. Ademáis de coñecer artistas galegos, tamén recordamos verbas únicas (arrepío, salouco, medo, tremer...), e escoitamos música con esta temática. Ademáis nas aulas fixéronse obradoiros de cociña , manualidades ... e houbo fantásticos contadores de contos de medo que daban uns bos  arrepíos!!

Velaeíqui unha pequena escolma da nosa maneira de celebrar o Samaín , onde tampouco faltaron bruxas, demos, esqueletes... e todo tipo de terroríficos disfraces.
















E ademáis contos en familia ... No blogue da biblioteca " A Torre das palabras" poderedes atopar máis...




CONTO DE XELA