mércores, 1 de novembro de 2017

Samaín

O día 31 de outubro tivemos un día terrorífico, celebramos o samaín!!!😱

Ao longo de toda a mañá pasamos por diversos obradoiros nos que contamos coa colaboración das familias e docentes: cociña, maquillaxe, apócemas... Mirade que ben o pasamos.



















Tamén tivemos sesión de contacontos de medo por parte de Mari Acuña e de Luis Davila que fixéronnos pasar un bo rato. Durante a primeira sesión os nenos de infantil, 1º e 2º de primaria disfrutamos da representación dos seguintes contos "A bruxa regañadentes", "Verlioka" e "Onde viven os monstros". 
Para os nenos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria explicáronnos o significado da palabra samaín que para moitas culturas indica o inicio do ano novo. 
A continuación contáronnos lendas da illa de Ons:  "A galiña dos ovos de ouro", "A serpe e o neno" e "O burato do inferno". 
Déronnos tamén a coñecer a tradición popular que había en Galicia do "mal de ollo". Críase que o mal de ollo era capaz de facer por exemplo que as vacas quedaran estériles ou vez de dar leite botaran sangue. Como vedes aprendimos moitas cousas novas. 
Para rematar amenizaron a sesión co conto "a bruxa regañadentes".





Os alumnos de infantil contamos ademais coa colaboración de Rubén Bastón que veunos contar os seguintes contos: "Garavanciño", "A casa da miña avoa" e "O xigante do pantano". Acompañounos de música popular coa que disfrutamos un montón. Que bo rato pasamos!




Neste día non podían faltar as nosas cabazas e as nosas espigas de millo terroríficas e relacionadas co proxecto. Mirade que magnífico traballo fixeron os nosos alumnos/as e as súas familias.








GRAZAS FAMILIAS pola vosa colaboración, dedicación e esforzo. Parabéns!!!