luns, 9 de abril de 2018

Club de lectura de alumnos

Para este trimestre os alumnos de 5º e 6º de E.Primaria tiveron como libro escollido para o club de lectura "Xenaro e a negra sombra" de Mar Guerra da editorial Xerais.



Nesa xuntanza do club de lectura intercambiáronse impresións sobre o libro. Entre elas, destacar a relación que garda co noso proxecto "Desenterrando os nosos tesouros" xa que fala dun ser mitolóxico propio das lendas galegas: o lobishome.






Tras o faladoiro, os alumnos fixeron unha descrición e debuxo do lobishome. Con tódolos traballos elaborouse un mural para ser exposto no corredor da biblioteca. Mirade que ben o fixeron!











Que gran traballo rapaces!!