xoves, 31 de xaneiro de 2019

E CHEGOU O DÍA!!

Onte, 30 de xaneiro celebramos no noso cole o día da Paz. Todo o centro participou  activamente nas actividades que desde os distintos equipos do cole se foron propoñendo. Algunhas das actividades que fixemos para celebrar este día foron:

- Coñecer a WANGARI, premio Nobel da Paz no ano 2004, sabemos da súa loita  contra a tala de árbores para edificar, así como o recoñemento e a valoración da muller en África . Escoitamos o conto "Wangari e as Árbores da Paz", relacionado co proxecto global de centro e decoramos os corredores con follas de árbores e verbas amables. No mural proposto por este equipo de dinamización tivemos un apartado importante e a invitación a seguir investigando sobre esta muller loitadora. Igualmente destacar o éxito das plantillas para os escornabots sobre Wangari e o sua historia.

    

- Subimos á radio a grabar algunhas mensaxes de Paz pensados nas aulas . Entre eles "Sementamos ledicia polos bosques de Galicia" ou tamén "Sementamos apertas coas mans abertas".


- Escoitamos música en galego sobre a Paz, a amizade... durante toda a mañán. Así coñecemos cancións de Mamá Cabra, Pablo Díaz, Paco Nogueiras, e outros...


- Torriño sementou e agasallou libros para tódolos nenos e nenas do cole


















- Este mesmo día rematouse o mural feito por voluntarios e voluntarias que durante o recreo baixaron á biblioteca despois de ver os cartaces postos polo centro. Moitas grazas !!!!





- E rematamos cunha celebración conxunta de todo o alumnado no multiusos do cole. Lemos un manifesto feito polos nenos e nenas de 6º e 4º, cantamos a canción "Apertas que voan" de Paco Nogueiras, e disfutamos dun chocolate pola Paz!!!