mércores, 2 de xaneiro de 2019

O NADAL NA NOSA ESCOLA

Durante o mes de decembro, moitas foron as actividades que realizamos na nosa escola. Un traballo en equipo onde profes, alumnado, familias e conserxe participamos para que o centro estivera engalanado nestas datas. Dende a decoración dos corredores ata o festival de Nadal, pasamos por postais que decoramos nas casas, recollida e adornamento de elementos naturais, cantigas en galego nas   entradas, recreos e saídas, intercambio de postais feitas na aula como parte do proxecto "O despertar das sementes", apalpadores pupulando polo mural das "Árbores da nosa escola", exposicións  ...e outras. Velaiquí unha escolma das nosas navideñas actividades !!