A semana pasada recibimos a visita dunha composteira que nos explicou o seu funcionamento e utilidade . Os nenos e nenas de infantil, 1º e 2º de primaria,aprendemos unha chea de cousas, sobre todo sobre os animaliños que participan neste proceso : bicho-bola, miñoca... e sobre aqueles materiais que podemos botar no composteiro. Agora só falta recoller os restos das merendas matutinas e ir facendo o compost para levar á nosa horta escolar :-)