Hoxe no noso cole celebramos o Día de Rosalía. Foron varias e diferentes as actividades propostas dende o equipo de dinamización e biblioteca, e grazas a colaboración de toda a comunidade educativa poidemos disfrutar delas.
Nada máis chegar á escola unha inundación de verbas de Rosalía saían do altavoz do corredor. Durante a mañán nenos e nenas mostraban as súas creacións en familia co rostro de Rosalía , cheos de sementes, flores, poesía...MARAVILLOSO traballo! Así mesmo durante o recreo, voluntarios e voluntarias leron poemas en voz alta (Has de cantar, Maio Florido, Negra Sombra .... Para rematar subimos á radio para recitar e cantar "Adiós rios adiós fontes..."
Velaeiquí unha pequena escolma do vivido hoxe!
E atopamos esta maravillosa animación posta sobre a vida e obra da nosa poetisa máis importante! Grazas!
http://www.crtvg.es:8011/tvg/a-carta/as-minas-primeiras-letras-galegas-rosalia-de-castro
E no noso concello...