Un blog ideado para mostrar agarimo e perpetuidade á nosa lingua, e a todas as linguas que nos rodean convivindo día a día con nós, e que supoñen unha inmensa riqueza cultural.
martes, 30 de abril de 2019
luns, 29 de abril de 2019
HOXE NO PATIO, LIBRO
A chuva non nos deixaba sacar libros ao noso patio. Pero por fin saiu o sol e a nosa biblioteca visitou o patio e celebramos no recreo: "Hoxe no patio, libro". Os nen@s leron en mesas, bancos, en parellas, sós e en pequenos grupos.
venres, 26 de abril de 2019
VISITA DE ANXO MOURE
Abril, mes dos libros. O despertar das sementes. Quen mellor que Anxo Moure Contos Solidarios para visitar o noso cole?
Coma sempre este Carballo con Botas sementa na cativada o amor e o respeto polas árbores e os bosques.
Lembrades as landras e as castañas que prantamos dentro dunha bota en novembro, con motivo do día das árbores autóctonas? Pois ahí están, dous carballos e dous castiñeiros que pronto levaremos á terra para que medren ben fortes.
VISITA Á GRANXA KIRIKO
O outro día, aproveitando o bo tempo, os cativos de infantil, disfrutaron dunha saída especial, visitaron en Fornelos de Montes,a marabillosa Granxa Kiriko. Alí coidaron dos animais, prantaron alguna semente na horta, e ata fixeron unas bolachas de pan. Eiquí tendes algún de eses momentos!
martes, 23 de abril de 2019
APADRIÑAMENTO LECTOR 2019
Hoxe, 23 de Abril: "Día do Libro", fixemos o apadriñamento lector. O mal tempo non estropeou a nosa proposta e os rapaces o fixeron na biblioteca e no corredor. Este ano, os nenos de 3º a 6º de Primaria agrupados seguindo o programa T+t prepararon previamente determinadas lecturas. E esta mañá leron os seus contos aos nen@s de Infantil, 1º e 2º de Primaria











luns, 8 de abril de 2019
CUÑAS RADIOFÓNICAS
Vaia artistas que temos no cole! Desta vez son os nenos e nenas de 6º que nos presentan unha pequena escolma de rimas ben divertidas con música e texto feito por eles. Escoitádeas con calma que seguro que pasaredes un rato ben agradable!
venres, 5 de abril de 2019
VISITA A GRANXA KIRIKO
Os cativos de infantil desfrutaron dun un maravilloso e lúdico día na granxa Kiriko. Aproveitando o traballo sobre as sementes, a horta, e a granxa, non podian estar en mellor lugar: fixeron pan, coñeceron distintos animais de dúas e catro patas, plantaron na horta, camiñaron polo "bosque" máxico, Como podedes comprobar pasáronno estupendamente!!!



Subscribirse a:
Publicacións (Atom)