mércores, 18 de marzo de 2020

DÍA DA POESIA

O día da poesía achégase, e a Torriño gustaríalle celebralo aínda que teñamos que facelo a distancia.


Por iso, desde a biblioteca do centro se vos pediu que tentedes facer cada un o voso videopoema antes do día 20, para despois facer unha montaxe con todos os vídeos que enviedes e poidamos disfutala desde as nosas casas.

Lembrade que pode ser un poema escrito por vós ou un poema de outros autores ou autoras. Podedes recitalo, cantalo, lelo ou representalo, e saír vós sos no vídeo ou con máis xente.

Aquí van algunhas ideas para facer este vídeo:

  • Orella pendella: É unha web con ditos populares, moitos teñen forma de poema e poden servir para gravar o vídeo ou para inventar un poema inspirándote neles.
  • Estes son algúns videopoemas creativos realizados por nenos e nenas doutros coles: Tal como as nubes (Rosalía de Castro), Oxalá(Celia Parra), A viaxe en nave espacial (Paula Carballeira). Como podedes ver, nalgúns saen os nenos e nenas e noutros non, saen as imaxes que eles gravan.
  • Estes son algúns videopoemas de poetas profesioanais, moi coidados esteticamente e con propostas moi creativas e en galego: Ingravidez(Rosalía Fernández Rial, esta é a súa web), Papel (Celia Parra, esta é a súa web).
  •  Poemas del alma: É unha web con poemas de autores consagrados en español, e onde tamén publican poemas autores nobeles coma vós.

Lembra! Cando teñas o vídeo feito, envíao a ceipdatorrecela@gmail.com.
Boa sorte, saúdos agarimosos e poéticos de Torriño e das e os vosos profes!