mércores, 18 de marzo de 2020

SEMANA DA PRENSA


Para a celebración da semana da prensa, a biblio do cole fixo unha proposta moi interesante para que nos recreos o alumnado buscara "supernovas" e así facer unha pequena exposición. Os pequenos do cole tamén acudiron  e descubriron como é un xornal e atoparon un onde tamén saía a nosa biblio!. O que máis lle gustou foi  "O Papagaio". Os maiores de infantil fixeron unha fantástica portada  dun novo xornal " A voz dos superheroes", chea de novas moi moi interantes. Bo traballo a tod@s!!!