martes, 2 de xuño de 2020

DÍA DO MEDIO AMBIENTE E DÍA DOS OCÉANOS (PARTE 2)

Para esta semana, continuamos a facer propostas para conmemorar estas datas  sinaladas que nos fan reflexionar e prestar atención á contorna que nos rodea. Mirádeas e podedes escoller a que vos pareza máis interesante:   intentade facer este experimento tan  curioso, e por que non? Animádevos a facer un cartaz que nos invite a recapacitar e ser conscientes de que temos  que coidar un planeta fermoso, cheo de vexetación, animais, mares...