Un blog ideado para mostrar agarimo e perpetuidade á nosa lingua, e a todas as linguas que nos rodean convivindo día a día con nós, e que supoñen unha inmensa riqueza cultural.
Continuamos a conmemorar e a propoñer actividades para esta semana. Finalizamos estas proposicións convidando a ver e dialogar sobre estas imaxes, e a pensar, crear, reciclar e mostrar posibles xogos e xoguetes acuáticos , ou medios de transporte que poderían ir polos nosos mares sen contaminar nen facer impacto no medio ambiente. Velaí van algúns exemplos, pero cos vosos superpoderes seguro que crearedes outros fantásticos!!