martes, 19 de xaneiro de 2021

DIA DA PAZ 2021 (PARTE I)

ANO DE NEVES ANO DE BENES! 
Benvidos e benvidas a un novo ano que apenas comezou hai 19 días. Coa esperanza dun mundo mellor sen guerras, sen odios, sen mentiras, sen medo... no cole xa estamos a voltas coa celebración do día da Paz . Dende a biblio estase a organizar un Museo da Paz, onde todo o alumnado participará escribindo esta en diferentes idiomas, ademáis de expoñer obras (musicais, pictóricas, escultóricas... e coñecer artistas que utilizan  os seus  superpoderes para provocar sentimentos de libertade, amor, agarimo, ledicia, calma...
Nas entradas e saídas escoitaremos unha selección , na sua maioría na nosa lingua, de cantigas relacionadas con este día. 
Preparados e preparadas para dar o mellor de nós neste día de conmemoración mundial e inmensa onde non faltará un chocolatiño pola Paz cada grupo na súa aula.
Proximamente máis!!
Aproveitamos para dar as grazas polos recursos que continuamente atopamos nas redes. Fantásticos!