domingo, 31 de xaneiro de 2021

DIA DA PAZ (PARTE FINAL)

 O pasado 29 de Xaneiro conmemoramos o día da Paz e Non Violencia.  A través de actividades argalladas polo equipos do cole e relacionadas co PDI de este ano "SUPER-ARTE" (xogo de palabras xurdido  en setembro polo afán de superación da comunidade educativa nestes momentos tan complicados, e que ao mesmo tempo nos convida a coñecer diferentes artes: pintura, escultura, arquitectura...)

Así foi anunciado este día polos nenos e nenas de 4º de primaria na nosa Radio Faladoiro

Ás 11 da mañán abrimos portas e fiestras e rocanroleamos pola Paz, marcando un día con un ritmo alegre cheo de desexos e de artistas pola Paz.


 
 
Elaboramos entre tódalas aulas un fantástico museo da paz cheo de esculturas, cuadros, música , imaxes relacionadas e que en primaria e infantil foron traballadas nos diferentes contextos e obradoiros e, ata un muro, inspirado no de Clara Hunter,  coa palabra paz en diferentes idiomas!! No blogue da biblio poderedes ver un resumo deste maravilloso museo que quedará montado algúns días máis. Aquí deixamos só un par de fotos... ARTE E PAZ

http://torredaspalabras.blogspot.com/








Ademais do museo e do muro plurilingüe, disfrutamos e compartimos en cada aula un chocolate con churros pola paz... Rico rico!!!


Nenos e nenas de quinto de primaria elaboraron un manifesto en contra de todo tipo de violencia e exixindo a herdanza dun mundo democrático, paciente, dialogante, empático...

 UN MUNDO EN PAZ

FORA DO MUSEO DA PAZ, TAMÉN POIDEMOS ATOPAR TRABALLOS FEITOS NOS DIFERENTES CONTEXTOS, COMO OS EXPOSTOS POLOS NENOS E NENAS DE PRIMEIRO E SEGUNDO QUE ADEMÁIS DE INVESTIGAR SOBRE BANSKY E A SÚA ARTE PACIFÍSTA  URBANA, TAMÉN INDAGARON SOBRE MÚSICA, ESCRITORES, ESCULTURAS E OUTROS LOITADORES E LOITADORAS POLA PAZ. GRAZAS POR COMPARTILO!