Un blog ideado para mostrar agarimo e perpetuidade á nosa lingua, e a todas as linguas que nos rodean convivindo día a día con nós, e que supoñen unha inmensa riqueza cultural.
A Real Academia Galega de Belas Artes, decidiu prorrogar as celebracións que o ano pasado non se celebraron por mor do Covid-19 no Día das Artes Galegas, , nesta ocasión adicado ao arquitecto Domingo de Andrade. Aínda que a maior parte da súa obra podemos vela en Compostela, fora dalí tamén deixou a súa pegada en Lugo e Ourense.
É o gran maestro da arquitectura barroca en Galicia. Sobresae o seu traballo na cidade de Santiago e na súa catedral. A súa gran obra sería a Torre do Reloxo da basílica entre as prazas de As Praterías e A Quintana.
O cartel conmemorativo foi realizado polo académico Xosé Díaz Arias de Castro a partir do retrato de Domingo de Andrade obra de Felipe Criado e conservado na Facultade de Xeografía e Historia Compostelá.
ESCALERA HELICOIDAL DO CONVENTO DE SANTO DOMINGO DE BONAVAL.
TORRE DO RELOXO CATEDRAL DE SANTIAGO COMPOSTELA
Ademais de propoñer facer unha das obras destacadas de Andrade como estas que vedes aquí, desde este equipo de dinamización tamén vos convidamos a ver e reflexionar sobre esta mensaxe que con todo agarimo nos enviou ao cole e María Pierres, arquitecta galega recoñecida a nivel nacional .
E TI, SUPERARTISTA? ATREVESTE A FACER A TÚA PROPIA OBRA ARQUITECTÓNICA? SACA A TÚA CREATIVIDADE CO QUE TEÑAS A MAN E CREA ALGO ESPECTACULAR PARA COMPARTIR CON NÓS.
O pasado venres 26 de marzo nenos e nenas de 5º e 6º de primaria realizaron unha fantástica e elaborada presentación virtual do seu traballo documental "Bueu: Terra de artistas". E vaia artistas!! desde Miriam Ferradáns, Davila, Marc Taeger, Tino Resille, Arturo Cidrás entre outros... Todos estivemos desfrutando deste momento, maiores e pequenos, e non faltou ninguén!
Un gran traballo que será presentado o vindeiro 1 de Abril coincidindo co Día da Arte galega e ao que estamos todo@s convidad@s.
MOITOS PARABENS E A DISFRUTAR DESTE GRAN TRABALLO !!
O pasado mércores os nenos e nenas de 6º de infantil deron un fermoso paseo pola nosa contorna. Ademais das impresionantes vistas, recoñeceron plantas, sons de paxaros, árbores autóctonos coma o carballo, muíños, e ata dous fermosos cabalos que parecían que os estaban esperando. Desde o cole ata a casa da cultura pasando por camiños e leiras e con un guía de excepción.
FELIZ DÍA DA POESIA!! Aínda que non estamos no cole neste día, dende a semana pasada estamos a participar nunha exposición de "Poemas Verticais, a proposta de biblio e dinamización.
Convertímonos (con todo respeto e admiracón) un pouco na homenaxeada do día das letras galegas de este ano Xela Arias, escritora, poeta e traductora en varios idiomas. E así nós tamén traducimos unha escolma de poemas "Caramelo de poemas" aos que lle demos imaxes e formas diferentes.
E RADIO FALADOIRO EN ACCIÓN CUN FERMOSO CONTO A MODO DE POESÍA RECITADO POR NENOS E NENAS DE PRIMEIRO PRIMARIA "IMOS CAZAR UN OSO"
"Por un mundo no que sexamos socialmente iguais, humanamente diferentes e totalmente libre" Rosa Luxemburgo. Así comezamos esta pequena escolma da nosa homenaxe ás mulleres loitadoras, traballadores, indispensables nas nosas vidas, a esas superheroínas que axudan a facer un mundo mellor. E así visonamos este video compartido por un profe do cole.
Este ano adicamos este día a coñecer a historia de tres mulleres únicas e ademais galegas. Dentro do contexto lingüìstico galego os maiores investigaron sobre Isabel Zendal (enfermeira), Xulia Minguillón premiada pintora do estilo realista, e Maruja Mallo , pintora representante do surrealismo. Aproveitando que esta semana tamén é a semana da prensa, traballamos diferentes medios de comunicación, e así podemos atopar programas de radio, tv e prensa.
* MANIFESTO 8M ELABORADO POLOS NENOS E NENAS DE SEXTO RELACIONADO COA MULLER NA ARTE.
* Os nenos e nenas de infantil , presentaron a estas mulleres a través de diferentes medios de comunicación . Disfrutade de est@s GRANDES COMUNICADORES!
Non só presentaron, se non que quixeron investigar sobre a vida de Isabel Zendal, tan de actualidad nestes momentos e sobre Maruja Mallo e a representación dos seus sonos e a natureza viva.
* NENOS E NENAS DE PRIMEIRO E SEGUNDO DE PRIMARIA , INVESTIGARON SOBRE MARUJA MALLO E INFORMARON DA SÚA VIDA E OBRA A TRAVÉS DA RADIO E DA PRENSA, ASÍ COMO REALIZANDO PLÁSTICAMENTE UN DOS SEUS AUTRORETRATOS XEOMÉTRICOS MÁIS COÑECIDOS. FANTÁSTICO TRABALLO!
* Os nenos e nenas de de 3º e 4º de primaria comparten con nós o seu saber sobre a pintora Xulia Minguillón que subiremos ao blogue proximamente xa que anda argallando algo moi especial para compartir !!!!
O pasado 23 de febreiro o alumnado de 5º e 6º de primaria participou nunha visita virtual ao museo Gaiás da Cidade da Cultura de Santiago, na exposición de ‘As miradas de Isaac’.
A actividade consistiu nun percorrido pola vida do artista galego Isaac Díaz Pardo, que viviu desde moi pequeno nun ambiente artístico e que desenvolveu distintas disciplinas ao longo da súa traxectoria: pintura, escultura, literatura…
O alumnado foi descubrindo as peculiaridades da súa obra a través de distintas xogos nos que tiñan que identificar a mirada de Isaac nos cadros, carteis ou esculturas.
E CON ENTUSIASMO NA NOSA RADIO FALADOIRO CONTARON MOITÍSIMAS COUSAS SOBRE ESTE POLIFACÉTICO ARTISTA GALEGO.