sábado, 15 de maio de 2021

MAIO, MES DAS LETRAS GALEGAS "DE ROMARÍA"

 "Chegou o día chegou a romaría". Con moita inquedanza polas condicións do tempo, ata o último momento estabamos na dúbida da celebración, máis a chuva deunos unha tregua e con moita ledicia e sobre todo ganas, puidemos celebrar a nosa "II ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS"

Unha xornada espectacular chea de sorrisos, xogos populares, unha boa camiñada desde o cole e co acompañamento da policía local, música ambiental, visita ao centro de interpretación sobre o litoral da nosa contorna, música en directo coa A.C. Retrouso e unha fermosa lembranza de este día en homenaxe a Xela Arias, quen sempre tiña con ela un lápiz e un caderno .

E non podemos esquecer a 1 Mostra de arte na area!!

Mestres, Concello, familia todos implicados para que este día fora diferente ademáis de ser moi esperado por todos, sobre todo con esta situación atípica que estamos a vivir. Seguíronse as medidas pertinentes de distancia e uso da mascarilla segundo protocolo Covid.

Grazas a todos e todas por vibrar cos cativos e facer  este día  inesquecible!