luns, 10 de maio de 2021

MAIO, MES DAS LETRAS GALEGAS (PARTE 1) "MOSTRA E CONCURSO"

     Co motivo da celebración do Día das letras galegas, temos preparadas un feixe de actividades moi especiais.

    Apenas hai unha semana participamos no concurso proposto pola A.C. Costumes de Cela en colaboración con este equipo de dinamización. Foi un concurso de narración e ilustración , seguindo a Xela Arias , quen continuamente levaba un caderno e làpiz para non esquecer os seus soños e as súas fantasías. Ao mesmo tempo, no cole estamos a facer unha mostra de estas narrativas e ilustracións feitas polos cativos con moito esforzo e concentración. Velaquí   unha pequena mostra destes fantásticos traballos, onde a creatividade e fantasía dos noso alumnado non deixa de alumear. E ademáis xa temos os gañadores!!! 

* No grupo de 6 a 8 anos resultaron gañadores   Nico e  Anxo!

* No grupo de 8 a 10 Roi e Aitor!

* No grupo de 10 a 12 Valeria e Samuel!

NORABOA AOS GAÑADORES E A TODOS E TODAS  OS QUE PARTICIPÁSTEDES POÑENDO O MELLOR DE VOS!! LEMBRADE QUE O VINDEIRO SÁBADO 15 DE MAIO ÁS 12:30 NO ADRO DA IGREXA DE CELA, FARASE ENTREGA DOS PREMIOS.

 MOITAS GRAZAS!













PROXIMAMENTE SUBIREMOS AS FANTASÍAS E SOÑOS EXPOSTAS NA  1º MOSTRA NARRATIVA E DE  ILUSTRACIÓN DA ENTRADA DO COLE!! AQUÍ VAN AS FANTASÍAS E SOÑOS DE INFANTIL!

FANTÁSTICAS, MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR!!