Amosando publicacións coa etiqueta LETRAS GALEGAS 2021. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LETRAS GALEGAS 2021. Amosar todas as publicacións

luns, 24 de maio de 2021

MAIO, MES DAS LETRAS GALEGAS (FINALiZANDO)

 

E imos rematando este mes de maio onde con agarimo celebramos o días letras galegas e un feixe de actividades dinamizadoras o redor desta conmemoración. Non deixedes de ver as nosas anteriores entradas.

Desta vez mostramos o traballo que  nenos e nenas de 1º e 2º de primaria fixeron dentro do contexto lingüístico e que nos deixou a todos encantados. Nestes días os nenos e nenas de 6º de infantil tamén nos mostran unha feiticeira montaxe coa aplicación chatterpix. El@s mesm@s fixeron todo o proceso, unindo voz e imaxe admáis de escoller efectos animados.

 Se Xela puidera velo estaría fascinada con tantas agarimosas mostras de admiración ante a súa obra e a súa persoa!!

Bo disfrute e grazas pola vosa "galegopasión"!


Incansables e supertraballadores, @s artístas dos primeiros cursos de primaria, seguiron traballando con galegopasión e fixeron uns lapbooks fascinantes con verbas e símbolos da nosa terra!! Ademais de gravar en Radio Faladoiro unha pequena parte da obra de Xela Diarío a Darío.

NORABOA POLO TRABALLO!!






xoves, 20 de maio de 2021

PREMIOS A.C. COSTUMES DE CELA

 ONTE RECIBIMOS A VISITA DA A.C. COSTUMES DE CELA QUE ESTE ANO ORGANIZARON  CONCURSO DE NARRACIÓN E ILUSTRACIÓN SOBRE OS NOSOS SOÑOS E FANTASÍAS  BASEADO EN XELA ARIAS. OS GAÑADORES DE PRIMARIA RECIBIRON O SEU AGASALLO NO LOCAL SOCIAL DO MAR EN BUEU E OS MÁIS PEQUENOS DO COLE CONTARON COA PRESENZA DE EVA QUE REPRESENTANDO Á ASOCIACIÓN ENTREGOULLES UN AGASALLO CHULÍSIMO E CREATIVO ADEMÁIS DUN DIPLOMA POR PARTICIPAR.

MOI BO TRABALLO RAPACES!!!!!!!

E PARABENS Á ASOCIACIÓN POLA ORGANIZACIÓN!

!






luns, 10 de maio de 2021

MAIO, MES DAS LETRAS GALEGAS (3ª PARTE) "XELA NA RADIO"

 Dentro do contexto lingüístico os nenos e nenas de 4º de primaria, estiveron investigando sobre a vida e obra de Xela Arias: escritora, traductora, poeta, ilustradora, loitadora, nai... 

Deixaron unha fantástica reportaxe de investigación na nosa Radio Faladoiro. Estamos seguros de que vos vai encantar. Non deixedes de escoitala!!!

BO TRABALLO!!