Amosando publicacións coa etiqueta MULLERES NA CIENCIA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MULLERES NA CIENCIA. Amosar todas as publicacións

sábado, 15 de febreiro de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Para celebrar o Día da muller e a nena na ciencia recibimos a visita dunha nai científica (oceanógrafa). Contounos historias de mulleres  apaixonadas pola ciencia e os descubrimentos, como Jane Baret e Ángeles Alvariño.
Na nosa biblioteca temos unha mostra destas historias en feminino.
Despois os maiores visualizaron os vídeos que gravaron no contexto científico. Nel os nen@s tiveron que inventar, deseñar e construir máquinas e promocionalas para a súa posible venta. Ademáis O día da muller e a nena na ciencia fixemos a xuntanza do club de lectura para conversar sobre o libro: "Sami superpestes". Foi unha lectura que gustou moito polas aventuras que vive o seu protagonista. Un tema que transmite este libro é a contaminación da auga, así que para rematar a xuntanza fixemos un experimento.
En botellas baleiras e cortadas puxemos algodón e terra. Despois nunhas botamos auga limpa e noutras auga manchada con betadine. Esperamos un pouco e podemos comprobar que nas botellas que botamos a auga  sen contaminar, a terra filtra auga limpa. Mentres que a terra á que lle botamos a auga con betadine, filtra auga contaminada. Os alumn@s foron conscientes de que temos que loitar en contra da contaminación: "I´ve got the power".

Moitas grazas Susana e parabéns rapaces polo voso traballo!! 

O PODER ESTÁ EN NÓS...