xoves, 15 de febreiro de 2018

Os Mascalleiros de Cela

Durante todos estes días de Entroido estivemos desenterrando un dos nosos tesouros: Os Mascalleiros de Cela.  
Antigamente cando chegaba o entroido os veciños da zona disfrazábanse coa roupa vella que atopaban pola casa (o vestido da avoa, a chaqueta do pai...) cando máis vistosos mellor, é dicir, de mascalleiros . Despois todos xuntos ían polas casas dos veciños que os agasallaban con chulas ou outras sobremesas caseiras. Co tempo estas sobremesas foron evolucionando en caramelos. Que tempos aqueles!!!

A Torriño gustoulle moito a tradición dos Mascalleiros así que na semana do entroido díxolles que un dos días da semana se disfrazaran de Mascalleiros.
Mírade que Mascalleiros temos en Cela.


Aquí podedes ver o mural que fixeron os nosos alumnos cos seus debuxos disfrazados de mascalleiros.








E mirade que sorpresa recibimos do alumnado de 5º de E.Primaria: o sábado de entroido disfrazáronse de Mascalleiros e foron pola parroquia de Cela visitando as casas dos veciños que os recibiron con chulas. 


Parabéns a todos/as polo voso traballo!!!

Semana da paz

Durante a semana do 29 de xaneiro ao 2 de febreiro celebramos no noso cole a semana da Paz  aínda que a paz é un valor que traballamos tódolos días no traballo diario da aula.
Durante todos eses días os alumnos tiveron a súa disposición contos relacionados coa paz no corredor da biblioteca.










Ademais o día 30 de xaneiro tiveron lugar as seguintes actividades no patio do colexio:  lectura do manifesto por parte dos alumnos de 6º de E.Primaria,  baile de tódolos alumnos da canción de"O Baile da Paz de Mama Cabra" , chocolatada con churros para entrar en calor para toda a comunidade educativa e remate final  cun  mercadillo solidario grazas a colaboración das familias que aportaron libros, xoguetes, peluches... Os cartos recaudados (600 euros) foron doados a Protectora de Animais do Morrazo.






Grazas a todos/as pola vosa colaboración.

E para finalizar aquí podedes escoitar o traballo feito polos alumnos de 5º de E.Primaria titulado "Especial Día da Paz" a través da radio do colexio: anuncio de actividades para o día 30, promoción do Mercadillo Solidario e entrevistas á directora do cole e a traballadora da Protectora de Animais do Morrazo. 
Parabéns rapaces!!! 👏👏👏👏

http://www.ivoox.com/23341153
http://www.ivoox.com/23342599
http://www.ivoox.com/23340188
http://www.ivoox.com/23342677



xoves, 11 de xaneiro de 2018

Guías de lectura 2017-2018 da Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo

Grazas a Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüítica do Morrazo os nosos alumnos dispoñen dunhas guías de lectura de libros en galego e actualizados.
Botádelle un ollo!









luns, 8 de xaneiro de 2018

INVESTIGAMOS SOBRE A EXPOSICIÓN DO MES DA CIENCIA.


A nosa exposición do mes da ciencia en galego foi mantida durante o mes de decembro para que os alumnos puideran investigar sobre como co paso do tempo os obxectos da vida cotiá foron evolucionando para facernos a vida máis doada e adaptándose as novas enerxías e materiais. 
A continuación podedes ver como traballaron os nosos alumnos!!



martes, 19 de decembro de 2017

RECOMENDACIÓNS DE NADAL


Para estes días de descanso, nada mellor que relaxarse cun bo libro. Aquí tedes as nosas recomendacións en colaboración coa biblioteca que se lles entregou aos nenos/as. 



A disfrutar dunha boa lectura!!



luns, 18 de decembro de 2017

POSTAIS DE NADAL

Hai unha tradición de Nadal que non debemos esquecer, a felicitación das festas a través das postais. Polo que cada neno/a do noso cole fixo unha postal decorada coa temática do proxecto  "desenterrando os nosos tesouros" debuxando un lugar da contorna especial para eles e con personaxes propios destas festas.









 
Que bonitas quedaron! Parabéns rapaces!!!

domingo, 17 de decembro de 2017

CHEGOU O NADAL A TORRE-CELA!


Durante todos estes días os nenos e nenas da Torre- Cela estiveron a preparar a chegada do nadal.



Así, crearon estas magníficas estrelas que decoran a entrada do noso centro. O obradoiro de estrelas tivo lugar na biblioteca na hora do recreo para aqueles que quixesen dar renda solta á súa creatividade.







Como vedes os nosos nenos son uns artistas.


Coa colaboración das familias elaboramos unha árbore de nadal chea de tesouros. Como xa sabedes este ano o proxecto do centro é "desenterrando os nosos tesouros" polo que as familias trouxeron unha botella cun tesouro no interior. Á volta das vacacións de nadal descubriremos que tesouros se escondían no interior das botellas. Grazas familias pola vosa colaboración. Mirade que bonito quedou.




Ademais durante todos estes días os alumnos estiveron a investigar a figura do Apalpador e divertíronse con contos de nadal en galego grazas á colaboración da biblioteca.








E mirade que Apalpador máis divertido temos no noso cole. Quen quere converterse en Apalpador?