Durante a semana do 29 de xaneiro ao 2 de febreiro celebramos no noso cole a semana da Paz aínda que a paz é un valor que traballamos tódolos días no traballo diario da aula.
Durante todos eses días os alumnos tiveron a súa disposición contos relacionados coa paz no corredor da biblioteca.
Ademais o día 30 de xaneiro tiveron lugar as seguintes actividades no patio do colexio: lectura do manifesto por parte dos alumnos de 6º de E.Primaria, baile de tódolos alumnos da canción de"O Baile da Paz de Mama Cabra" , chocolatada con churros para entrar en calor para toda a comunidade educativa e remate final cun mercadillo solidario grazas a colaboración das familias que aportaron libros, xoguetes, peluches... Os cartos recaudados (600 euros) foron doados a Protectora de Animais do Morrazo.
Grazas a todos/as pola vosa colaboración.
E para finalizar aquí podedes escoitar o traballo feito polos alumnos de 5º de E.Primaria titulado "Especial Día da Paz" a través da radio do colexio: anuncio de actividades para o día 30, promoción do Mercadillo Solidario e entrevistas á directora do cole e a traballadora da Protectora de Animais do Morrazo.
Parabéns rapaces!!! 👏👏👏👏
http://www.ivoox.com/23341153
http://www.ivoox.com/23342599
http://www.ivoox.com/23340188
http://www.ivoox.com/23342677