Durante todos estes días de Entroido estivemos desenterrando un dos nosos tesouros: Os Mascalleiros de Cela.
Antigamente cando chegaba o entroido os veciños da zona disfrazábanse coa roupa vella que atopaban pola casa (o vestido da avoa, a chaqueta do pai...) cando máis vistosos mellor, é dicir, de mascalleiros . Despois todos xuntos ían polas casas dos veciños que os agasallaban con chulas ou outras sobremesas caseiras. Co tempo estas sobremesas foron evolucionando en caramelos. Que tempos aqueles!!!
A Torriño gustoulle moito a tradición dos Mascalleiros así que na semana do entroido díxolles que un dos días da semana se disfrazaran de Mascalleiros.
Mírade que Mascalleiros temos en Cela.
Aquí podedes ver o mural que fixeron os nosos alumnos cos seus debuxos disfrazados de mascalleiros.
E mirade que sorpresa recibimos do alumnado de 5º de E.Primaria: o sábado de entroido disfrazáronse de Mascalleiros e foron pola parroquia de Cela visitando as casas dos veciños que os recibiron con chulas.
Parabéns a todos/as polo voso traballo!!!