A ROSALÍA CON AGARIMO... 24 DE FEBREIRO
Un blog ideado para mostrar agarimo e perpetuidade á nosa lingua, e a todas as linguas que nos rodean convivindo día a día con nós, e que supoñen unha inmensa riqueza cultural.
martes, 23 de febreiro de 2021
domingo, 21 de febreiro de 2021
21 FEBREIRO DIA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA
FELIZ DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA!
!FALARLLE A ALGUÉN NUN IDIOMA QUE ENTENDE PERMITE CHEGARLLE AO SEU CEREBRO, PERO FALARLLE NA SÚA LINGUA MATERNA SIGNIFICA CHEGARLLE AO SEU CORAZÓN"
mércores, 17 de febreiro de 2021
DIA DE ROSALIA
Nas vésperas da celebración do nacemento da muller máis importante da cultura galega, presentamos unha pequena na escolma de actividades para realizar na aula ou xogar na casa. Para o día 24, data do seu nacemento temos preparada unha sorpresa telemática nas aulas e que subiremos o mesmo día ao blogue.
Entre as actividades a propoñer destacamos unha animación con fotografías de Rosalía e a voz do alumnado do cole. E xa temos algunha para ensinar, neste caso nenos e nenas de 5º!!!!!
Disfrutade desta maravilla...
sábado, 13 de febreiro de 2021
DÍA DA RADIO
HOXE , 13 DE FEBREIRO, CELEBRAMOS O DÍA DA RADIO. NON DEIXEDES DE VISITAR A NOSA EMISORA E DE DISFRUTAR DOS PODCASTS QUE PODEDES ATOPAR. CADA CONMEMORACIÓN E ACONTECEMENTO PASA POR RADIO FALADOIRO PARA TRANSMITIR E DAR A COÑECER AS NOSAS INQUEDANZAS,CURIOSIDADES, APRENDIZAXES E POR SUPOSTO ENTREVISTAS "MOI PROFESIONAIS" A TODOS OS QUE PODEN ACHEGARSE E DARNOS UNS MINUTIÑOS.
NENOS E NENAS DE PRIMARIA, PARTICIPAN EN PONTE NAS ONDAS ... BRAVO!
E os maiores do cole en colaboración coas familias nos fan pasar un ratiño moi agradable contestando e recordando a súa infancia radiofónica. Grazas!!!!
https://www.ivoox.com/podcast-radio-faladoiro-2020-2021_sq_f11091249_1.html
ENTROIDAMOS CON MOITA ARTE (PARTE III)
E chegou o día ... Hoxe venres recibimos no cole artistas representando ás sete artes recoñecidas. Así, disfrutamos de arquitect@s, pintor@s, director@s de cine, actrices/actores, cociñeir@s, músicos, personaxes de conto, escritor@s, arte abstracta, cantantes, bailaríns. Mentres esperabamos para desfilar e facer a merendola entroideira, estivemos a coñecer un dos entroidos que temos perto de nós, grazas a A.C. Meiramar-Axouxeres, que nos trouxeron telemáticamente o entroido tradicional de Meira con madamas, galáns e personaxes coma os federosos.
xoves, 11 de febreiro de 2021
ENTROIDO, RECTA FINAL (PARTE II)
Chegamos ao último día na nosa semana entroideira!! Este venres teremos algo moi especial que con agarimo preparou a Asociación Meiramar-Axouxeres para o noso cole e que veremos nas aulas. Seguindo cos obxectivos do curso anterior , (onde nos visitaron desde Cobres para mostrar o seu traxe e danza de entroido), queremos seguir a dar a coñecer o entroido que temos mais perto de nós, a súa tradición co traxe de madamas e galáns, a súa danza, o seu espíritu. Agradecemos enormemente esta presentación e agardamos poder facela de maneira presencial o vindeiro ano.
E... PREPARADOS PARA ABRIR BEN OLLOS ESTE VENRES??
CON IMAXINACIÓN UNHA ARTE ESCOLLERÁS, PORQUE ESTE DÍA NO COLE DESFILARÁS!
BO DISFRUTE!
mércores, 10 de febreiro de 2021
JIMENA FERNÁNDEZ DE LA VEGA, CIENTÍFICA GALEGA DO ANO 2021
A Real Academía Galega de Ciencias anunciou hoxe mércores, véspera do Día internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o nomeamento de Jimena Fernández como científica do ano 2021, polo seu carácter loitador . Foi a primeira licenciada en medicina pola Universidade de Santiago (...)















