sábado, 11 de maio de 2019

INVESTIGANDO E DISFRUTANDO DA NOSA CONTORNA

 
Os alumn@s de 3º e 4º de E. Primaria levaron a cabo unha investigación sobre as árbores que poblan os nosos bosques. 
Cada nen@ informouse, a través de distintos medios, dunha especie autóctona como: a sobreira, o carballo, o castiñeiro, o ameneiro, o bidueiro, o salgueiro, a aciñeira, o piñeiro, a abeleira, o loureiro, o freixo ou a nogueira; ou investigou sobre unha especie invasora como a acacia ou o eucalipto.

Ademáis de coñecer outros nomes para cada árbore tamén recolleron información sobre o tipo de folla, as súas flores, os froitos, os anos que poden vivir... Aprenderon os distintos usos de cada árbore: construcción, fabricación de mobles, combustible, ornamental...e mesmamente que da cortiza do salgueiro obtense a salicina coa que se fai un fármaco moi coñecido como é a aspirina.

Coñeceron exemplares importantes como o carballo de Santa Margarida na parroquia de Mourente que o ser vivo de maior idade da provincia de Pontevedra, cuns 500 anos de antiguedade.

Ademáis en cada unha das árbores e ao seu redor viven moitísimos seres vivos: paxaros, insectos, distintos mamíferos, fungos, liques...e outras aliméntanse das súas follas e froitos.
Para observar toda esta vida os nen@s, acompañados dos seus pais, achegáronse ao Monte Chans da parroquia de Cela, onde viven, e incluso lle quitaron fotos a algúns exemplares.

Aprendemos un montón e disfrutamos de tanta beleza.
 
VIVAN AS ÁRBORES!!

INVESTIGAMOS A NOSA CONTORNA SEGUINDO A ANTÓN FRAGUAS

Os nenos e nenas de 5º e    6º de primaria, fixeron un interesante traballo de investigación sobre o entroido da nosa contorna. E porqué? vos preguntaredes, porque xunto co resto do alumnado de primaria, participamos no concurso sobre costumes e tradicións proposto pola Asociación cultural "Costumes de Cela". Desta maneira os máis pequenos investigaron sobre romerias e os maiores sobre o entroido, temáticas moi vinculadas ao labor de investigación e transmisión da cultura popular do homenaxeado de  este ano no día das letras galegas: Antonio Fraguas Fraguas.


CONCURSO DE ADIVIÑAS

Todos os venres maiores e pequenos poderán participar no concurso de adiviñas que estará na biblioteca do cole durante todo o día.Todas as propostas están escritas  na nosa lingua axudando a fomentar  a linguaxe oral e escrita en galego, Ademáis todas estarán relacionadas co noso proxecto  de centro "O despertar das sementes". Velaí van os primeiros participantes!

 

mércores, 8 de maio de 2019

NATUREZA VIVA: O LAGO CASTIÑEIRAS

Os alumn@s de 3º a 6º de Primaria visitaron o Lago de Castiñeiras. Os monitores explicaron a historia do lago, que é artificial!. Ensinaron aos rapaces as distintas árbores autóctonas: castiñeiro, bidueiro, carballo... e explicaron as súas características. Tamén lles falaron das invasoras: acacia, mimosa..  e porqué perxudican. Tamén visitaron a "Mámoa do Rey".


  

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS

O 21  de maio o Club de Lectura de adultos reunirase para comentar o libro: "Xa non estou aquí" de Iria Misa. Galardonado como premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2016

II FEIRA DA CIENCIA E LITERATURA EN BUEU

E continuamos disfrutando das nosas verbas literarias e tamén da ciencia. A semana pasada celebrouse en Bueu a II feira da ciencia e literatura. O noso cole participou organizando a zona de Biblioteca con libros, robots, legos, manualidades... . Velai vai uns exemplos do bonita que quedou e do éxito que tivo!!

La imagen puede contener: texto No hay descripción de la foto disponible.









xoves, 2 de maio de 2019

PARTICIPAMOS NO CORRELINGUA!

Hoxe os nenos e nenas de 4º de infantil e os de 1º e 2º de primaria, disfrutamos dunha xornada matutina a prol da nosa lingua. A través de xogos, música, cancións e unha marcha polas rúas de Cangas quedounos ben claro que "O Galego é a fórmula". Grazas tamén a Cé Orquestra Pantasma e a Uxía Lambona e a Banda Molona que, xunto cos nenos e nenas dos institutos  fixeron as ledicias  coas nosas verbas máis agarimosas e feiticeiras a ritmo de rock, vals, muiñeira, rap...Fantástico!

La imagen puede contener: 16 personas, personas sonriendo, árbol y exterior