xoves, 19 de decembro de 2019

POSTAIS DE NADAL

Como queda pouco para Nadal, os nosos alumn@s elaboraron "superpostais" para desexar a outros nen@s do colexio unhas Felices Festas. Algunhas delas levan mensaxes con superpoderes. Agora a esperar a chegada destas postais ás casas.
Bo traballo rapaces!!!


    

OBRADOIROS DE NADAL

Durante estes días previos ao Nadal a nosa biblio estivo chea de contos, manualidades e ricas madalenas e galletas. Todo grazas as familias que nos axudaron a levar a cabo obradoiros.
No obradoiro de cociña, os máis pequenos fixeron madalenas, galletas e as decoraron. Rico, rico!!!

 




 






domingo, 15 de decembro de 2019

CONTEXTO LINGÜÍSTICO

Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria dentro do contexto lingüístico realizaron unhas fantásticas actividades relacionadas co proxecto de centro e o Nadal: postais, recetas,adornos...
Gran traballo rapaces!!





LECTURAS RECOMENDADAS PARA NADAL

Desde o noso cole convidamos a ter en conta estas recomendacións lectoras relacionadas co nso proxecto de centro "I¨ve got de Power". Xa que estamos un centro plurilingüe , e como fixeramos nas recomendacións de Samaín, convidamos a disfrutar das lecturas en galego, francés, inglés e castelán.
Boa lectura a tod@s!

AMAR O MAR

O noso centro foi seleccionado para participar no Proxecto de Educación Ambiental e ciencia cidadá: "Amar o mar. Ría de Pontevedra sen plásticos". 
Os alumn@s de 5º e 6º de Primaria recibiron unha charla sobre a importancia das praias como ecosistemas mixtos e os perigos que sufren pola urbanización, destrución de dunas e, sobre todo, contaminación.
Baixaron á praia de Agrelo e recolleron plásticos e rexistraron datos nunha táboa que despois subiron a web. Os datos recollidos foron:
1 hora = 11 kg de plásticos. Os expertos dixeron que é a praia más limpa da zona
Para rematar a xornada, no colexio contáronlle aos máis cativos a súa experiencia.
Viva os nosos ecoheroes. I´ve got the power!!!

  

FORMACIÓN RADIO

Este venres13,grazas Radio na Biblio, os alumn@s de 5º e 6º de Primaria recibiron formación impartida por Loreto Silvoso de Radio Voz. Fixeron exercicios de calentamento, vocalización e improvisación. Tamén explicoulles anécdotas e como é o traballo dun reporteiro.  Foi unha sesión moi interesante!!!

No blogde biblioteca "A torre das palabras" poderedes atopar un video sobre esta formación.

MALETA CFR

No mes de novembro tivemos unha maleta do CFR: "Esero. Kit para el aula. Del espacio al aula". Os alumn@s de 3º e 4º de Primaria traballaron con ela no Contexto Lingüístico, no recanto "Experimentamos". Realizaron dúas experiencias: 
- Construir un cricuíto eléctrico comprobando se acende a bombilla (condutor) ou non (illante)
- Aproximar un imán a diferentes materiais e comprobar se existe atracción ou se repelen.